Arranca en Villagarcía de Arosa la 41 edición de la feria multisectorial Fexdega

A CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA REITERA O SEU COMPROMISO COA FEIRA MULTISECTORIAL FEXDEGA

La consejería de Economía e Industria gallega reitera su compromiso con la feria multisectorial Fexdega que se celebra en Vilagarcía

 

  • A directora xeral de Comercio, Nava Castro, participou esta mañá na inauguración da 41 edición desta feira que se celebra en Vilagarcía do 9 ao 12 de outubro.
  • A Consellería de Economía e Industria considera que Fexdega é un escaparate multisectorial, unha eficaz canle de dinamización económica e social da zona, así como un instrumento de reactivación do tecido produtivo de toda a Comunidade Autónoma.
  • A Fundación Fexdega, participada pola Dirección Xeral de Comercio, organiza a feira que este ano introduce como novidade a creación do 1º Salón de Decoración Openmoble, un encontro especializado que se poderá visitar no recinto feiral ata o 17 de outubro.

 

Santiago, 9 de outubro de 2010.- A Fundación Fexdega (www.fexdega.es), participada pola Consellería de Economía e Industria a través da súa Dirección Xeral de Comercio, organiza a LVI edición da Feira Multisectorial de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), que se celebra entre o 9 e o 12 de outubro. Durante o acto de inauguración, a directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, reiterou o compromiso do goberno galego con Fexdega, un evento que cualificou de “eficaz canle de dinamización económica e social da zona e un instrumento de reactivación do tecido produtivo de toda a Comunidade Autónoma”.

 A directora xeral de Comercio destacou a importancia de que este evento xa consolidado e de carácter xeral incorpore este ano, por primeira vez, unha cita monográfica, en resposta á tendencia crecente no público de reclamar eventos especializados. Así, esta 41 edición de Fexdega incorpora a celebración do 1º Salón de Decoración Openmoble, que se poderá visitar no recinto feiral ata o 17 de outubro.

 Durante a súa intervención, Nava Castro sinalou que dende a Dirección Xeral de Comercio o goberno galego está a desenvolver liñas de traballo e políticas activas co obxectivo de revitalizar e modernizar a actividade comercial, así como de consolidar un comercio de calidade e dinámico. Neste sentido, destacou a importancia da nova Lei de Comercio, aprobada recentemente, como “un texto legal actualizado que responde ás necesidades dos comerciantes, protexe os consumidores e está adaptado ás novas realidades comerciais”.

 Por último, a directora xeral de Comercio sinalou a relevancia deste evento como unha canle de difusión e de acceso a novos clientes e mercados e destacou o labor da Fundación Fexdega que posibilita o intercambio comercial a través deste tipo de certames, ao tempo que desenvolve un papel indutor sobre outras actividades e servizos, como é o caso do hostaleiro.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s