Más de 29.000 escolares gallegos aprenderán este curso lenguas extranjeras

O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN DI QUE A XUNTA FAI UN GRAN  ESFORZO PARA QUE 29.000 ESCOLARES APRENDAN INGLÉS

El consejero de Educación asegura que la Xunta “hace un gran esfuerzo” para que 29.000 escolares aprendan inglés. Se trajeron 260 licenciados nativos para que trabajen como auxiliares de conversación en 58 centros plurilingües.

 

Foto: pequelia.es

 

  • Trouxéronse 260 licenciados nativos para que fagan de auxiliares de conversa en 58 centros plurilingües

 

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2010.- O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad manifestou hoxe en Santiago que a Xunta fixo este ano un esforzo sen precedentes para traer a Galicia, dende os seus países de orixe, a máis de 260 licenciados que farán de auxiliares de conversa, “e que non só –dixo- axudarán a reforzar as competencias lingüísticas de 29.000 escolares, senón que lles ensinarán ademais como son os costumes e culturas dos seus países de orixe”.

 Ademais, xa neste curso, o Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras está a levar o ensino plurilingüe a 58 centros seleccionados, que se suman ás máis de 1.500 seccións bilingües que hai repartidas polas catro provincias.

 O conselleiro, que fixo na mañá de hoxe o treito final do Camiño de Santiago expresou o seu apoio ao que representan o Camiño e o Ano Xacobeo que estamos a celebrar. “Queremos facelo –explicou- porque o Camiño simboliza o punto de encontro, mesmo o nexo de unión, entre as culturas e as linguas. Dende a Consellería de Educación apoiamos este espírito de multiculturalidade. E do mesmo xeito –rematou- que o Camiño fai de crisol de culturas, nós queremos que o sistema educativo sexa tamén intercultural e plurilingüe.

 El consejero de Educación anuncia que ya en este curso más de 29.000 escolares gallegos recibirán enseñanza de lenguas extranjeras

O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN ANUNCIA QUE, XA NESTE CURSO, MÁIS DE 29.000 ESCOLARES GALEGOS TERÁN ENSINO EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

 

  • Xesús Vázquez Abad visitou hoxe o primeiro centro plurilingüe de Cerceda, o CPI O Cruce
  • En total haberá 58 centros deste tipo neste primeiro ano de aplicación do Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras
  • Na mesma liña, o alumnado de 293 centros reforzará as súas competencias en idiomas foráneos en máis de 1.500 seccións bilingües

 

Cerceda, 8 de outubro de 2010.- Máis de 29.000 escolares galegos estudarán este curso varias materias en inglés, francés e outras falas alleas, grazas ao Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras polo que xa empezaron a funcionar 58 centros plurilingües nas catro provincias. A nova deuna o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, quen visitou hoxe o CPI O Cruce, un deses centros plurilingüe que comeza este curso a súa andaina na localidade coruñesa de Cerceda.

O conselleiro de Educación confirmou en Cerceda que serán finalmente 58 os colexios e institutos – 33 públicos e 25 concertados- que conformen a rede de centros plurilingües, 18 máis dos previstos para este curso 2010/2011. Para dar unha idea do novo mapa escolar plurilingüe de Galicia, a eses 58 centros compre engadir as 1.519 seccións bilingües con tarefa semellante, e que supoñen o dobre das que funcionaban co goberno bipartito.

Cómpre sinalar que os centros plurilingües se diferencian das seccións bilingües en que nestes se pode impartir un terzo do horario lectivo de xeito íntegro en inglés; mentres que nas materias cursadas nas seccións bilingües a interacción  co profesor e os compañeiros realízase tanto no idioma estranxeiro como en castelán e galego. Ademais, a ensinanza noutros idiomas comeza a implantarse este ano nos centros plurilingües en 1º de Primaria e da ESO, e continuará a estenderse ano a ano ao resto das etapas educativas dese centro.

Polo demais, a nova realidade dun ensino en varios idiomas tivo un grande respaldo por parte da sociedade e da comunidade docente. Xa que logo, a boa acollida a esta nova iniciativa do goberno galego por ofrecer a mellor formación aos seus estudantes, contou coa inscrición dun total de 86 centros, dos que algúns foron excluídos por non reuniren as características requiridas.

 

Nestes 58 centros elixidos, e só neste curso, son máis de 3.000 alumnos e alumnas os que comezan a súa andaina grazas ao esforzo de 87 docentes e o apoio de 58 auxiliares de conversa. Deste xeito, e xunto co alumnado das seccións bilingües máis de 29.000 escolares galegos terán un ensino plurilingüe neste primeiro ano de aplicación do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras.

Unha oportunidade para todos

Durante a súa visita ao colexio, o conselleiro puido compartir cos alumnos de 1º de Primaria a clase de educación artística, que reciben en inglés, co apoio da súa mestra e máis da auxiliar de conversa asignado ao centro. Ademais, neste centro existen 5 grupos de seccións bilingües, dos que se benefician 73 escolares.

Vázquez Abad destacou a vantaxe que supón para estes nenos e nenas o feito de cursar materias non lingüísticas nunha lingua tan necesaria para se desenvolver no mundo como é o inglés. Así mesmo, sinalou a oportunidade que este Plan supón para os centros alonxados das grandes cidades, como este de Cerceda, de acceder a un ensino da máxima calidade, sen ningún tipo de barreira xeográfica.

Durante a súa visita ao centro, Xesús Vázquez Abad estivo acompañado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira Lema; e a directora do centro, Milagros Trigo Miranda.

Este colexio participa ademais no primeiro ano de implantación do Proxecto ABALAR, polo que o alumnado de 5º de Primaria terán cadanseu ordenador ultraportátil e encerado dixital na aula.

 Ampla rede plurilingüe

Os 58 primeiros centros plurilingües de Galicia, nos que se imparten materias non lingüísticas de xeito íntegro en inglés e que contan con cadanseu auxiliar de conversa, están repartidos polas catro provincias galegas. Así, na da Coruña hai 31, 5 na de Lugo, 7 na de Ourense e 15 na de Pontevedra. Deles, 41 son centros de educación primaria, 9 de educación secundaria, e 8 centros que integran ambas as dúas etapas. En total, xa neste curso, arredor de 3.000 escolares reforzarán as súas competencias lingüísticas neles.

Doutra banda, e tamén no marco de potenciación do aprendizaxe de outras linguas, a Consellería de Educación vén de ampliar o número de seccións bilingües, de tal forma que este curso haberá 1.519 –máis do dobre das que existían ao principio da lexislatura- en 293 centros educativos galegos. Nelas estarán implicados 911 profesores, unha parte dos auxiliares de conversa nativos e 26.141 alumnas e alumnos.

Máis auxiliares

A incorporación masiva de auxiliares de conversa aos devanditos centros e seccións, así como ás Escolas Oficiais de Idiomas convértese, por tanto, nun dos piares fundamentais da estratexia de impulso do plurilingüismo no ensino galego. Este curso haberá 262 destes axudantes, nativos de linguas como o inglés, o francés, o alemán e o chinés; que desenvolverán funcións de apoio ao profesorado durante todo o curso. Isto supón multiplicar case por catro o número destes auxiliares, respecto dos 67 que houbo o curso pasado.

Entre as súas tarefas están as de asistir aos docentes na aula como apoio lingüístico, para reforzar as destrezas comunicativas na lingua estranxeira que se estea a cursar en cada caso; fomentar o interese do alumando pola lingua e cultura dos países de fala da correspondente lingua estranxeira; ou dar clases de conversación para os docentes que estean a impartir ou vaian impartir no futuro as súas materias noutro idioma.

A Consellería de Educación organizou esta mesma semana en Santiago de Compostela unhas xornadas de acollida a estes axudantes, nas que se familiarizaron co sistema educativo galego e cos labores que deberán desenvolver durante a súa estancia na Comunidade.

Aposta polo ensino de calidade

Durante a súa visita ao CPI O Cruce, Xesús Vázquez Abad fixo fincapé no importante esforzo que o Goberno galego está a facer para integrar as linguas estranxeiras no proxecto didáctico dos colexios e institutos de Galicia, especialmente para impartir materias non lingüísticas.

Deste xeito estase a dar un firme e decidido apoio a un ensino de calidade, dando prioridade ás necesidades de formación dos nenos e nenas do século XXI, que precisan ter unha competencia real noutros idiomas para se poder desenvolver no mundo globalizado, tanto a nivel académico como laboral.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s