COLECTIVO EGERIA – “Os nove anos de Fraguas en Lugo”, na Casa da Cultura de Vilalba

Lugo, 22 de agosto de 2019. O proxecto FRAGUAS EN LUGO está composto polo libro “Os nove anos de Fraguas en Lugo”, que recolle textos dos promotores desta iniciativa, e doutros amigos e antigos alumnos de Antonio Fraguas, sobre os nove anos que este pasou en Lugo, e da profunda pegada que deixou na cidade e na sociedade lucense; unha exposición itinerante, composta por doce paneis, nos que se resumen os contidos do libro, e que está a percorrer toda Galicia; e a web fraguasenlugo.org, que recolle todas os contidos da publicación en papel.

“Os nove anos de Fraguas en Lugo”

Convocados polo profesor Manuel Regueiro Tenreiro, que tivo gran relación profesional e persoal con don Antonio Fraguas, reuniron recordos o historiador Antonio Prado Gómez (ao que nada do antigo “Instituto Masculino de Lugo” lle é alleo), e os antigos alumnos do vello profesor, Paco Martín, Xulián Parga e Xulio Xiz, para –por serlle dedicado a Fraguas o Día das Letras Galegas do ano 2019– facer un achegamento á pegada que o Mestre Fraguas deixou na cidade das murallas, e en todos os que tivemos / tiveron a sorte de telo por docente e amigo.

Polo recente pasamento do profesor Manuel Regueiro Tenreiro, a homenaxe a Fraguas ven ser tamén unha homenaxe póstuma ao iniciador deste proxecto, o derradeiro no que con grande ilusión se involucrou.

O proxecto “OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO” contou coa colaboración do Colectivo Egeria e de GaliciaDigital no desenvolvemento de todas as accións, e co apoio da Xunta de Galicia.

A mostra, que iniciou o seu percorrido no Instituto Lucus Augusti (onde Fraguas ensinou durante nove anos) foi a continuación ao Instituto Rosalía de Castro de Santiago (onde Fraguas ensinou posteriormente), ao Instituto santiagués que leva o nome do profesor, á Casa das Letras de A Estrada, onde tivo o seu primeiro destino como ensinante, para volver a Lugo á Biblioteca Provincial. O día 26 deste mes de agosto, ás 12:00 horas, abrirá na Casa de Cultura de Vilalba.

Máis información:
http://www.fraguasenlugo.org

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s