A Coruña e Pontevedra acollen  actos públicos relacionados coa ILP do Bosque Autóctono

O venres, 2 de febreiro, as entidades promotoras da ILP na defensa do bosque galego organizan un acto de presentación pública da Iniciativa Lexislativa Popular, ás 19.30 horas no local de Portas Ártabras de Amigos dos Museos da Coruña.

E en Pontevedra, APDR, membro de Cousa de Raíces, recollerá sinaturas de apoio á ILP na entrada do Treatro Principal a partir das 21.00 horas, onde se proxectará a estrea do documental “Fóra”, de Fernando Portela de Imasco Producións.

Neste documental abórdanse os principais fitos da historia da loita social contra o complexo industrial ENCE-ELNOSA, a industria con máis peso na configuración forestal de Galicia.

No primeiro dos actos de mañá, que terá lugar na Coruña, farase unha exposición dos motivos que levaron a todas as entidades integradas en Cousa de Raíces xunto coa Alianza Rural Galega a promover unha nova normativa relativa á xestión dos bosques, que limite a plantación descontrolada de eucaliptos, e favoreza a loita contra os incêndios forestais e o abandono do rural. O acto comezará ás 19.30 horas e estará aberto a todo tipo de público.

Por outra banda, aproveitando a presentación do documental “Fóra” en Pontevedra, o colectivo integrante de Cousa de Raíces, APDR, colocará unha mesa de recollida de sinaturas de apoio á ILP diante do Teatro Principal a partir das 21.00 horas.

APDR, que ten colaborado activamente na realización do documental, anima a acudir ao Teatro Principal para dar apoio á ILP e tamén para coñecer a obra documental, que permitirá manter acesa a memoria dunha loita social que é xa parte inseparábel da historia da comarca de Pontevedra: a oposición á presenza do complexo industrial ENCE-ELNOSA na Ría.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s