CIG denuncia: “La Xunta de Galicia no responde a las solicitudes de diálogo del personal del 112”

-57 DÍAS EN HUELGA INDEFINIDA – 

Se cumplen 10 días desde que el comité de huelga solicitó un encuentro con la Dirección General de Emergencias e Interior, y aún no ha habido respuesta. La huelga del 112 Galicia lleva ya 57 días desarrollándose y está a punto de proseguir a lo largo del verano, cuando el volumen de emergencias se dispara y se necesita de todos los recursos al cien por cien.

“Da la sensación de que la Xunta está interesada en prolongar una situación dramática que podría usar como pretexto para justificarse ante el cada vez más probable riesgo de que el 112 se vea incapacitado para dar respuesta a emergencias de gran calado, tal como ya ocurrió con el naufragio del Nuevo Marcos o en incontables casos en que los retrasos en la gestión y el caos provocado por el estado de la plataforma tecnológica han demorado o dificultado la coordinación de recursos en situaciones urgentes”, dice el comité de huelga.

Cúmprense 10 días desde que o comité de folga solicitou un encontro coa Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

-A Xunta de Galiza non responde ás solicitudes de diálogo do persoal do 112-

A folga chega aos 57 días ás portas do verán, cando o volume de emerxencias se dispara

Compostela, 12 de xuño de 2017.- A 10 días de que o comité de folga do 112 teña solicitado formalmente unha reunión coa Dirección xeral de Emerxencias e Interior, a Xunta de Galiza aínda non tivo a ben dar unha resposta. O pasado 2 de xuño representantes do cadro de persoal do servizo de emerxencias entregaron no Rexistro da Xunta un requirimento para que a Administración autonómica abrise unha vía de interlocución cos traballadores/as “co obxectivo de pechar o conflito o antes posible” para que “calquera acordo sexa firme e duradeiro”.

O Comité de Folga considera que esta demora inxustificada na resposta entra en contradición coas declaracións reiteradas por parte do director xeral Luís Menor, que ten asegurado estar disposto a mediar para a resolución da folga. “Dá a sensación de que a Xunta está interesada en prolongar unha situación dramática que podería usar como pretexto para se xustificar perante o cada vez máis probable risco de que o 112 se vexa incapacitado para dar resposta a emerxencias de grande calado, tal e como ten acontecido no naufraxio do Nuevo Marcos ou en incontables casos en que os retrasos na xestión e o caos provocado polo estado da plataforma tecnolóxica teñen demorado ou dificultado a coordinación de recursos en situacións urxentes”, advirten.

Conflito entre a Xunta e os traballadores/as do 112

As empresas concesionarias que obteñen a xestión da central de emerxencias deben cinguirse aos pregos de condicións establecidos polo ente autonómico. Por iso o Comité de Folga afirma que “calquera solución posible pasa porque a Xunta asuma as súas responsabilidades e se involucre na busca de solucións a un problema que eles mesmos crearon”.

Lembran que estamos nunha folga indefinida que cumpre hoxe 57 días, cuestión que se ve agravada coa chegada do verán, unha estación en que o volume de chamadas e emerxencias se dispara. Neste contexto consideran que “a actitude da Xunta de Galiza só pode entenderse como irresponsable e neglixente, ao non manifestar compromiso algún en pechar un conflito que está afectando gravemente ao cadro de persoal, ao propio servizo e, inevitablemente, á sociedade galega”.

Mobilizacións

Xunto a isto, o Comité de Folga manifesta a súa disposición para incrementar “a intensidade da nosa acción”, prolongar as mobilizacións o tempo que sexa preciso e activar todos os medios necesarios ao seu alcance para facer ouvir a súa voz e avanzar cara os seus obxectivos. “Non imos consentir que o traslado caprichoso da central do 112 supoña unha merma no noso poder adquisitivo”, afirman.

Advirten ademais de que “calquera tipo de traxedia ou neglixencia derivada do caos provocado no 112 ten un claro e único responsable: un goberno autonómico temerario e prepotente que pon enriba da calidade do servizo intereses políticos e empresariais propiciando que a xestión se vexa gravemente afectada desde o traslado da central á Estrada”.

 

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s