La Audiencia Nacional archiva la denuncia de la CIG contra la excúpula de Caixa Galicia. La central sindical denuncia que “mientras las cúpulas de Bankia o de la CAM están siendo juzgadas, la de Caixa Galicia ni siquiera fue investigada”

COMUNICADO

-A central sindical denuncia que mentres as cúpulas de Bankia ou da CAM están sendo xulgadas, a de Caixa Galicia non foi sequera investigada-

A Audiencia Nacional decide arquivar a denuncia da CIG contra a excúpula de Caixa Galicia-

Compostela, 31 de maio de 2017.- O Xulgado Central de Instrución nº 1 da Audiencia Nacional decidiu, en base ao informe da fiscalía, arquivar a denuncia presentada pola CIG contra o exDirector Xeral de Caixa Galicia e contra o resto da excúpula Directiva. Unha vez máis a tentativa da CIG para conseguir que se esclareza o que aconteceu en Caixa Galicia tropeza coa xustiza española, nomeadamente coa Fiscalía.

No ano 2011 a CIG presentou ante a Fiscalía Xeral do Estado unha denuncia para que se investigasen as indemnizacións recibidas e a daquela baixa valoración de novacaixagalicia. A Fiscalía abriu unha investigación, pero centrada fundamentalmente nas indemnizacións millonarias dos Directivos procedentes de Caixanova, malia que o exDirector de Caixa Galicia marchou cunha indemnización multimillonaria.

No ano 2014 presentamos unha querela na Audiencia Nacional contras as excúpulas Directivas de Caixa Galicia e Caixanova pola emisión de preferentes e obrigas subordinadas que foron comercializadas en tramo minorista. No ano 2015 a Audiencia Nacional arquivou o caso alegando non ser competente.

Agora ante a denuncia presentada no 2017 a Audiencia Nacional parece ser competente, pero en base ao informe da Fiscalía entende que os feitos estarían prescritos.

Di a fiscalía, que malia entender que a competencia para investigar os feitos é da Audiencia Nacional, a causa debe arquivarse por estar prescritos os feitos denunciados.

Céntrase a fiscalía en que “se denuncia la comisión de un delito de falseamiento de cuentas anuales por parte de los administradores de una sociedad, previsto y penado en el artículo 290 del código penal, castigado con pena de hasta 3 años de privación de libertad; los hechos denunciados habrían tenido lugar en los años 2008 y 2009 y por lo tanto estarían claramente prescritos en el momento de presentación de la denuncia, 4 de abril de 2017

Dende a CIG critícase que a fiscalía se centre exclusivamente nun dos posible delitos denunciados, pero non no resto. E lembran que a denuncia foi interposta ante o Xulgado Central de Instrución, despois de tentar infrutuosamente presentala na propia Fiscalía da Audiencia.

Por último lembran que mentres a cúpula de Bankia, ou a da CAM (acaba de abrirse o xuízo esta mesma semana) están sendo xulgadas, a cúpula de Caixa Galicia, entidade tamén quebrada no 2009, nin sequera foi investigada pola xustiza española. E non será porque dende a CIG non o tentamos.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s