El PPdeG asegura que el concurso eólico puede bajar en 6 puntos el paro galopante en Galicia

CONCURSO EÓLICO

O PPdeG estrena maitines para coordinar a súa acción política en tódalas cámaras de representación

 

Rueda constata contactos entre Xunta e Goberno sobre o concurso eólico que pode baixar en 6 puntos o paro en Galicia

 

  • Asegura que se informará dos avances nesta área aos alcaldes, a través de José Manuel Rey, para que estean ao tanto de como avanzan uns proxectos sobre os que se poden sustentar boa parte dos seus ingresos

 

  • A formación pide a Juncal e a Delgado que sexan altofalantes das demandas do presidente e do conselleiro e que axuden nestas formulacións porque nos xogamos demasiado como para non esgotar todas as vías

 

Santiago de Compostela, febreiro de 2012.- O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, constata contactos entre Xunta e Goberno central para salvagardar o concurso eólico que podería rebaixar en 6 puntos o paro en Galicia.

 

Así se expresaba o dirixente popular trala primeira reunión de maitines celebrada hoxe na sede do PPdeG, onde engadía que a activación do concurso eólico activaría 13.000 empregos e, polo tanto, resignarse á conxelación deses proxectos industriais non é unha opción para o PPdeG, polo que van facer cantos contactos sexan necesarios co Ministerio para que a supresión das primas non afecte a Galicia.

 

Segundo Rueda, o presidente da Xunta remitiu  por carta dúas propostas a Madrid para que reconsideren a súa decisión e os 2.325 megavatios que Galicia sacou a concurso empecen a ser rendibles para os galegos.

 

Esas propostas son que os parques de máis de 2.500 horas/ano (todos os do concurso) sexan contemplados nun réxime económico específico, que  recoñeza o 70% da prima actual para os parques autorizados no 2012 e do 50%, para os de 2013; e tamén que os parques perciban unicamente o prezo de mercado, xa que cun prezo de oscilación de entre 55 e 60 euros/MW e a actual tendencia á alza, os parques eólicos galegos resultan rendibles.

 

Con respecto a isto, Rueda sinalou que os deputados e senadores do PPdeG, representados nas figuras de Celso Delgado e Juan Juncal, serán os embaixadores da formación en Madrid para axudar á Xunta a salvagardar os beneficios dese concurso eólico.

 

Nesta liña, o secretario xeral do PPdeG sinalou que hoxe, na reunión de maitines, puxéronselle deberes: que sexan altofalantes das demandas do presidente e do conselleiro e que axuden nestas formulacións porque nos xogamos demasiado como para non esgotar todas as vías.

 

Por outra banda, Rueda asegurou que se informará cumplidamente dos avances nesta área aos alcaldes, a través de José Manuel Rey, para que estean ao tanto de como avanzan uns proxectos sobre os que se poden sustentar boa parte dos seus ingresos e por tanto da súa capacidade financeira.

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s