Medio Rural explica a los ganaderos gallegos el nuevo sistema de identificación del ganado bovino, ovino y caprino

MEDIO RURAL EXPLICA AOS GANDEIROS O NOVO SISTEMA DE IDENTIFICACIÓN DE GANDO BOVINO, OVINO E CABRÚN

 Medio Rural explica a los ganaderos gallegos el nuevo sistema de identificación del ganado bovino, ovino y caprino. El director general de Producción Agropecuaria impartió una charla sobre la nueva identificación a través de la Oficina Agraria Virtual, que ya está disponible en la página web de la Consejería

  • O director xeral de Produción Agropecuaria impartiu unha charla sobre a nova identificación a través da Oficina Agraria Virtual, que xa está dispoñible na páxina web da Consellería

 

Santiago, 17 de novembro de 2010.- O director xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural, José Álvarez Robledo, ven de impartir unha charla sobre o novo sistema de identificación do gando bovino, ovino e cabrún.

 No relatorio, que tivo lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Robledo explicou aos gandeiros o funcionamento da nova Oficina Agraria Virtual e todos os pasos que teñen que seguir para a correspondente identificación do gando.

 En primeiro lugar, os interesados poden recoller os crotais na Oficina Agraria Comarcal dispoñendo de vinte días para colocalos, no caso do bovino, e seis meses no ovino e cabrún. Tras a correspondente identificación estes datos deben comunicarse canto antes á Administración, mediante a Oficina Agraria Virtual ou ben a través do teléfono de atención ao cidadán 012.

 Os gandeiros poden acceder á Oficina Virtual na páxina web da Consellería do Medio Rural (http://mediorural.xunta.es/), tan só necesitarán para realizar o trámite o número de DNI e o seu PIN da Política Agrícola Común (PAC). Polo que, poderán identificar o gando dende calquera punto con conexión a internet, ou se o prefiren tamén poden comunicar os datos por teléfono chamando ao 012. 

 Entidades identificadoras

Os interesados tamén poden auxiliarse nas entidades identificadoras para o rexistro do gando, simplemente terán que comunicar con que entidade queren traballar, estas poden consultarse na propia Oficina Agraria Virtual ou no 012. Robledo salientaba a identificación como “un factor clave na sanidade animal, na trazabilidade da produción gandeira e na seguridade alimentaria”.

 ——————————————————–

SAMUEL JUÁREZ SALIENTA A IMPORTANCIA DE INCORPORAR CIENCIA E TECNOLOXÍA PARA FOMENTAR O SECTOR AGROLIMENTARIO GALEGO

 El conselleiro de Medio Rural presidió la presentación del análisis estratégico 2010 del sector agroalimentario gallego, editado por la Fundación Centro Tecnológico de la Carne (CTC). Juárez visitó después la sociedad de criadores de cerdo celta ‘Oural’, sitada en Beariz.

  • O conselleiro do Medio Rural presidiu a presentación do análise estratéxico 2010 deste sector, editado pola Fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC)
  • Juárez visitou despois, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, a sociedade de criadores de Porco Celta “Oural”, situada en Beariz

 San Cibrao das Viñas (Ourense), 17 de novembro de 2010.- O conselleiro do Medio rural, Samuel Juárez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, presidiu a presentación do libro “La industria Agroalimentaria Gallega: Análisis estratégico 2010”, editado pola Fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC).  Neste acto, que tivo lugar no salón de actos do propio CTC, no Parque Tecnolóxico de Galicia, o titular de Medio Rural salientou o importante papel que desenvolve a ciencia e a tecnoloxía no fomento do sector agroalimentario galego, aportando valor engadido a estas producións, coa aplicación do trinomio Investigación, Desenvolvemento e innovación (I+D+i).

 Juárez reafirmou tamén a aposta da Xunta por impulsar as producións de calidade do agro e do mar de Galicia, como punto fundamental da estratexia de fomento do medio rural en xeral. Neste sentido, explicou que a Consellería colabora con produtores e consellos reguladores tanto en materia de promoción como na atención aos programas de control da calidade ou o apoio ao funcionamento dos propios consellos. Para estas liñas, engadiu, a Xunta xestionou e mobilizou, só en 2010, máis de 3,5 millóns de euros.

 O conselleiro dixo que este labor de fomento se complementa con accións de divulgación e análise, como a presentada hoxe, froito da colaboración dun grupo de investigadores da Universidade de Vigo coa Fundación CTC, no marco da rede “Real” (Rede de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico Agroalimentario Norte de Portugal-Galicia) de cooperación transfronteiriza, con financiamento dos fondos Feder da UE. O obxectivo fundamental da obra presentada hoxe é plasmar a situación actual do sector agroalimentario dentro de diferentes marcos territoriais (europeo, español e galego), e a través dos cinco subsectores máis importantes desta industria: Carne, pesca, hortofroitícola, vinícola e lácteo.

 Beariz

Tras esta presentación, o conselleiro desprazouse ata o municipio de Beariz, onde asinou no Libro de Honra do Concello e despois visitou, xunto co delegado territorial, as instalacións da Sociedade Agraria de Transformación (S.A.T.) “Oural”. Trátase dunha sociedade de criadores de Porco Celta que se orienta á recuperación desta raza porcina autóctona galega e á súa promoción como valor endóxeno de desenvolvemento.

 Oural está constituída por 6 socios con 4 nodrizas cada un, que poden asegurar unha produción duns 300 porcos ao ano. A explotación ten a súa base territorial nunha parcela dunhas vinte hectáreas situada na paraxe do mesmo nome.

2 comentarios sobre “Medio Rural explica a los ganaderos gallegos el nuevo sistema de identificación del ganado bovino, ovino y caprino

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s