El alcalde de Ribadeo busca financiación para construir un paso por debajo de la vía de Feve para conectar Vilar con el casco urbano

 

 

FERNANDO SUÁREZ AGARDA QUE AS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DE BEIRARÚAS EN VILAR E PIÑEIRA REMATEN DESPOIS DO VERÁN. A ASIGNATURA PENDENTE DO NOVO GOBERNO MUNICIPAL, SEGUNDO O ALCALDE, SERÁ BUSCAR FINANCIACIÓN PARA CONSTRUIR UN PASO POR DEBAIXO DA VÍA DE FEVE NOS GARITOS.

Ribadeo, 27 de xullo de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que as obras de construcción de beirarúas en Vilar e Piñeira estean listas despois do verán. O rexedor subliñou o cambio de fisonomía que está a experimentar esa zona e dixo que a asignatura pendente do novo goberno municipal será buscar financiación para construir un paso por debaixo da vía de Feve para conectar Vilar coa parte máis urbana de Ribadeo. 

Suárez Barcia dixo hoxe que “dentro destas magníficas obras nas que levamos xa tempo traballando aquí en toda a travesía urbana de Ribadeo, nestes tempos estáse a ver como está a cambiar a fisonomía da zona de Vilar, desta parte de Piñeira e cerca do que é o núcleo urbano de Ribadeo, pero que xa é Ribadeo a todos os efectos porque hai unha grande cantidade de talleres, de centros comerciais e hai moitísima xente que ía andando pola beiravía con certo perigo de aí que parte deste proxecto tamén estivese encamiñado a facer unhas aceras, como se están a facer, e que rematan prácticamente na rotonda de Dompiñor”.

O alcalde engadiu que “agora durante estes meses é cando estamos a atender con máis intensidade todas estas obras para que a finais deste verán estean completamente rematadas. Non é solamente o que se está a ver pola parte de arriba, unha beirarúa axeitada e dun ancho suficiente para que os peóns poidan pasear, senón que tamén se están a cambiar as tuberías de auga. As vellas tiñan un diámetro moi pequeniño de75 milímetrosque nos daba moitos problemas ás veces e agora pasamos a200 milímetrospara que queden perfectamente operativas para un futuro e que non teñamos que volver a romper as aceras”.

O rexedor sinalou que “agora despois destas obras quedaría pendente outra asignatura importante que é intentar buscar unha alternativa para poder facer un paso inferior por debaixo da vía de Feve na zona dos Garitos co fin de conectar o que é o Ribadeo urbano coa zona de Vilar desde o punto de vista peatonal, dado que agora non se pode cruzar a pesares de que poida haber xente que o estea a facer, pero está totalmente prohibido. É unha asignatura que ten este novo goberno municipal, buscar a financiación nun prazo razonable de tempo para poder facer este paso inferior  da vía de Feve e conectar esas magníficas aceras que quedarán por Vilar coa parte máis urbana de Ribadeo”.  

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s