
“Quero ver o decreto antes de actuar”
FEIJÓO: “A IMPROVISACIÓN HISTÓRICA DE MUDAR EN SEMANAS TODO O SISTEMA FINANCEIRO DE ESPAÑA É UNHA IMPROVISACIÓN QUE GALICIA NIN ENTENDE NIN ENTENDERÁ; NIN ASUME NIN ASUMIRÁ”
FEIJÓO: «La improvisación histórica de mudar en semanas todo el sistema financiero de España es una improvisación que Galicia ni entiende ni entenderá; ni asume ni asumirá»
«Quiero ver el decreto antes de actuar»
- Considera que “non se pode xogar nin coa xente, nin cos traballadores, nin cos depositarios, nin coas comunidades autónomas”
- Advirte que “todo o que fixemos ata o de agora, seguindo todas as recomendacións do Banco de España e do Goberno non vale” e iníciase un novo contexto para as caixas “no que non sabemos exactamente o que quere o Goberno de España”
- Sinala que neste momento sería “imprescindible” que o Executivo central “acabara con esta improvisación”; a partir de aí, remarca, “traballaremos cun único interese: preservar a solvencia da entidade e que esa entidade sexa útil para as familias e a economía galega”
- “Estou convencido de que o presidente do Goberno de España firmaría inmediatamente por ter a taxa de paro que ten Galicia. Eu non. Eu creo que a taxa de paro que ten Galicia é excesiva, é unha taxa de paro que non podemos manter e é a preocupación número un do Goberno”, subliña
- Sinala que o acordo na reforma das pensións é “difícil de dixerir e difícil de explicar” e lembra a necesidade de que “as grandes decisións que afectan a todos os españois e, sobre todo, ao seu futuro, se adopten co maior consenso posible”
Santiago, 30 de xaneiro de 2011.- “A improvisación histórica de mudar en semanas todo o sistema financeiro de España é unha improvisación que Galicia nin entende nin entenderá” e que “nin asume nin asumirá”, así o aseverou o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha entrevista na Cadena Ser, na que incidiu na “improvisación histórica” do Goberno central en materia financeira.
“Con este tipo de cuestións non se pode xogar. Non se pode xogar nin coa xente, nin cos traballadores, nin cos depositarios, nin coas comunidades autónomas”, advertiu o Presidente galego sinalando que este tipo de políticas económicas producen efectos “perversos”. “Todo o que fixemos ata o de agora, seguindo todas as recomendacións do Banco de España e do Goberno de España non vale” e iniciase “un novo contexto” para as caixas “no que non sabemos exactamente o que quere o Goberno de España”.
O presidente da Xunta lembrou que, Novacaixagalicia “cumpría todas as exixencias hai 15 días” e que agora “o Goberno decide, cunha improvisación histórica que non haxa caixas en Galicia. Todo parece indicar, en consecuencia, que o Goberno muda de opinión e pensa que non pode haber caixas no sistema financeiro español”. “Neste momento –insistiu Feijóo-, sería moi importante, por non dicir sería imprescindible, que o Goberno acabara con esta improvisación”. A partir de aí, ”traballaremos cun único interese: preservar a solvencia da entidade e que esa entidade sexa útil para as familias e a economía galega. E con eses parámetros imos traballar. Iso é o prudente. O imprudente é empezar a facer distintas opcións sen coñecer exactamente cal é o marco no que imos estar”.
O paro, a preocupación número un do Goberno galego
O presidente da Xunta incidiu, ademais, en que o paro é a “preocupación número un” do Goberno galego, por iso, dixo, “todas as medidas que estamos plantexando de contención do déficit público; de non gastar o que non temos; de pagar o que debemos; e de poñer toda a nosa capacidade económica e financeira para internacionalizar as empresas e manter vivas todas as mesas de diálogo social coas organizacións sindicais, son todos os instrumentos que ten a Xunta de Galicia a disposición de loitar contra o principal problema da economía que é o desemprego”.
“Se España tivera unha media de paro como a de Galicia habería un millón de españois traballando. Estou convencido de que o presidente do Goberno de España firmaría inmediatamente por ter a taxa de paro que ten Galicia. Eu non. Eu creo que a taxa de paro que ten Galicia é excesiva, é unha taxa de paro que non podemos manter e é a preocupación número un do Goberno”, aseverou.
Un acordo “difícil de dixerir e difícil de explicar”
Preguntado pola reforma das pensións, Feijóo destacou que “é evidente que se acaba de adoptar un acordo con menor consenso que o Pacto de Toledo, porque o PP non foi convocado a ese pacto” e considerou que se trata dun acordo “difícil de dixerir e difícil de explicar”. Nesta liña, o presidente galego incidiu na necesidade de que as “grandes decisións que afectan a todos os españois e, sobre todo, ao seu futuro, se adopten co maior consenso posible e por iso –engadiu- entendo que é imprescindible que o Goberno conte co principal partido da oposición para explicar o contido e alcance dese pacto”, concluíu.
[…] que si las dos entidades que dieron paso a esta unión habían estado integradas en un Sistema Institucional de Protección (SIP), defendido desde algún grupo político, ya no tendría lugar esta comparecencia […]
Me gustaMe gusta