En total 28 municipios gallegos se adhieren a la red de Aulas Cemit de nuevas tecnologías y otros 25 lo harán próximamente

Teñen como obxectivo facilitar o acceso igualitario dos cidadáns á alfabetización dixital

UN TOTAL DE 28 CONCELLOS GALEGOS FORMALIZARON XA A SÚA ADHESIÓN Á REDE DE AULAS CEMIT DE ACCESO PÚBLICO ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS

 Está previsto que nos vindeiros días se sumen a esta adhesión outros 25 concellos das catro provincias
 Desde estas aulas fomentarase o uso das TIC entre a poboación con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital
 Ademais promoverase a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrarase ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información
 A nova Rede nace coa vocación de estenderse por todo o territorio galego

Santiago, 22 de xaneiro de 2011.- A día de hoxe xa son 28 os concellos das catro provincias galegas que asinaron os acordos de adhesión e está previsto sexan un total de 53 os municipios galegos que conten con aulas públicas de acceso ás novas tecnoloxías integradas na Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMit). A Rede, que conta cun orzamento de máis de 960.000 euros en 2011 ten a vocación de estenderse a todo o territorio galego.

Achegas da Xunta e os Concellos
Coa sinatura destes convenios ultímanse as actuacións previas necesarias para a posta en marcha da Rede. Unha vez formalizado o convenio o seguinte paso para poder iniciar as actividades da Rede será que os concellos completen os trámites, nun prazo máximo de dous meses, para contratar ao Axente TIC, profesional que atenderá o centro. Segundo se establece nos protocolos de adhesión, os municipios que se incorporan á Rede CeMIT dispoñen dun local que cumpre os requisitos técnicos precisos e ocuparanse do seu mantemento. Ademais, a Xunta abonará aos concellos unha cantidade equivalente ao o 80% do salario do Axente TIC, sendo o municipio o que achegue o 20% restante.

O axente TIC ocuparase da promoción do uso das novas tecnoloxías entre a poboación, especialmente entre os colectivos con máis dificultades de acceso ás TIC, programando actividades e estratexias adaptadas.

A Administración autonómica porá á disposición do concello unha Carta de servizos e catálogo de actividades da Rede CeMIT, que inclúe cursos de formación, obradoiros, charlas. Ademáis facilitará un plan de formación continua para os axentes TIC, aos que tamén facilitará a infraestrutura tecnolóxica necesaria (portal web, correo electrónico, repositorio de contidos…), que lles permita desenvolver o seu labor e posta en común das súas experiencias.

Obxectivos
A Rede de Centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. Ademais de fomentar o uso das TIC entre a poboación con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, tamén promoverá a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrará ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información. A Rede tamén difundirá os servizos da Administración electrónica e capacitará aos cidadáns para empregalos.

Público Obxectivo
Os diferentes servizos que se ofrecerán teñen como público obxectivo cinco colectivos: a cidadanía, na que se inclúen os desempregados, maiores, inmigrantes, mulleres e persoas con discapacidade; os profesionais das TIC, tanto ocupados como desempregados; as empresas, micropemes e autónomos; os empregados públicos; e os axentes territoriais, colectivo que agrupa aos servizos municipais, asociacións civís, empresariais, Ongs, Anpas etc.

Colaboración coa Fegamp
A Rede CeMit ten a vocación de achegar os contidos e os servizos tecnolóxicos en igualdade de oportunidades a todos os galegos. Con este obxectivo a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Federación Galega de Municipios e Provincias asinaron o pasado mes de abril un acordo para difundir, promocionar e potenciar a Rede, co obxectivo de que os concellos se sumen á iniciativa para que o novo modelo acade o maior ámbito xeográfico, institucional e social posible.

Xuntase listado cos concellos que asinaron o protocolo:

-Na provincia da Coruña: Camariñas, Cerceda, Mugardos, San Sadurniño, Arzúa, Betanzos, Sada, Boiro e Fisterra asinaron o protocolo de colaboración para incorporarse á Rede de Centros de Modernización e Inclusión Tecnolóxica

-Na provincia de Lugo: O Vicedo, Riotorto, Sarria, Burela e Carballedo asinaron o protocolo de colaboración para incorporarse á Rede de Centros de Modernización e Inclusión Tecnolóxica.

-Na provincia de Ourense: A Bola, Boborás, Manzaneda, Sarreaus, Vilar de Santos, Allariz,
Barco de Valdeorras, Leiro e Rivadavia.

-Na provincia de Pontevedra: Cuntis, Campo Lameiro, Ponteareas, A Guarda e Moaña.

Un comentario sobre “En total 28 municipios gallegos se adhieren a la red de Aulas Cemit de nuevas tecnologías y otros 25 lo harán próximamente

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s