Diecinueve estudiantes gallegos ganan los premios extraordinarios de Bachillerato de este año

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN CONCEDE OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2009—2010 A DEZANOVE ESTUDANTES GALEGOS

 La Consellería de Educación concede los premios extraordinarios de Bachillerato 2009-2010 a 19 estudiantes gallegos. Los galardonados podrán optar a los premios nacionales que se celebrarán en el mes de abril de 2011

  • Os galardoas, aos que se lles recoñeceu o esforzo desenvolvido nos seus estudos poderán optar aos Premios Nacionais que se celebraran no mes de abril de 2011


Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2011.-
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar o listado cos dezanove galardoados cos premios Extraordinarios de Bacharelato do curso 2009-2010. Deste xeito, cada un dos premiados, ve recoñecido o seu esforzo nos estudos e ademais percibiran unha gratificación de 1.000 euros como premio económico ao seu traballo.

 

Entre os premiados hai nove estudantes da provincia de A Coruña, cinco de Pontevedra, tres de Lugo e dous de Ourense. En total dezanove premiados que cobren a cota máxima fixada na convocatoria. Todos eles obtiveron no curso pasado unha media superior a 8,75 puntos, na que se computa as cualificacións obtidas nas materias comúns dos dous cursos de bacharelato.

 

Ademais os estudantes superaron probas específicas, celebradas no mes de novembro, para obter o premio, nas que tiveron que realizar unha análise e comentario crítico dun texto de carácter xenérico, histórico, filosófico ou literario, así como respostar a preguntas xerais, realizadas sobre un texto na lingua estranxeira que tiveran cursado como materia común no bacharelato. Tras isto debían desenvolver temas relativos ás materias que cursaran durante o bacharelato. Os gañadores foron aqueles que obtiveron a máxima puntuación entre as dúas probas.

 

Tras este recoñecemento ao seu esforzo os gañadores terán a posibilidade de presentarse aos premios de Nacionais de Bacharelato que se celebraran no mes de abril de 2011.

 

Os premiados de a provincia de A Coruña  foron Noelia María Galán Rodríguez, do IES Francisco Aguiar de Betanzos; Miguel Paz Prieto, do IES de Fene; Andrés Vázquez Figueiras, do IES David Buján de Cambra; Pablo Almuiña do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela; Roque Sampedro López, do IES de Ames. Da cidade de A Coruña resultaron galardoados Bruno de Soto Lobón e Jorge García Lema do Liceo da Paz e a Compañía de María respectivamente. Mentres que de Ferrol os premiados foron Federico Pedreira Nores e Noelia Cabanas Vellón, do IES Sofía Casanova e IES Leixa respectivamente.

 

Na provincia de Pontevedra distinguiuse o traballo de Claudia Martínez Boubeta, do IES As Barxas en Moaña; e de Estrella Fariña Vázquez do IES Valle Inclán de Pontevedra. Da cidade de Vigo os gañadores foron Pedro Viaño Nogueira, do Santiago Aposto; e Alba Rodríguez Meira do IES Álvaro Cunqueiro.

 

Os seleccionados da provincia de Lugo resultaron ser Enma Fernández Fernández, do IES Río Cabe en Monforte de Lemos; Andrés Vázquez Figueira do IES Lama das Quendas, en Chantada; e Javier Valle Regueira do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. Pola súa banda en Ourense os dous mellores estudantes foron do IES Nº1 de O Carballiño: Laura Fernández González e Patricia Fernández Redondo.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s