Galicia unificará en febrero sus órganos de defensa de la competencia para fortalecer la vigilancia de los mercados

GALICIA UNIFICARÁ EN FEBREIRO OS SEUS ÓRGANOS DE DEFENSA DA COMPETENCIA PARA FORTALECER A VIXILANCIA DOS MERCADOS

 Adaptará a normativa galega á estatal para poder exercer novas competencias e mellorar o control para evitar prexuízos aos consumidores
 Estará en disposición de efectuar propostas para promover unha maior competencia efectiva nos mercados
 Tamén poderá impugnar os actos e disposicións de rango inferior a lei das administracións autonómica ou locais cando obstaculicen a competencia efectiva

Santiago, 6 de xaneiro de 2011.- A Comunidade galega terá unificados os seus órganos de defensa da competencia o vindeiro mes de febreiro, unha vez que o Parlamento aprobe a lei que creará o Consello Galego da Competencia, que permitirá fortalecer a súa independencia e as súas función de vixilancia dos mercados.

O Consello da Xunta aprobou o pasado mes de outubro unificar a estrutura actual formada polo Tribunal e polo Servizo co obxectivo de acadar unha actuación máis intensa no control da competencia nos mercados, incrementando os labores de inspección e investigación de oficio, así como o seguimento da actuación da Administración pública en temas que poidan afectar á libre competencia.

Esta norma, grazas a esta maior intervención da autoridade de defensa da competencia, producirá melloras na calidade dos bens e servizos que ofertan as empresas, evitando acordos de prezos ou sobre as condicións de produción, que prexudicarían os intereses dos consumidores.

Os órganos de defensa da competencia teñen como finalidade fundamental a persecución e sanción das condutas contrarias á libre competencia, favorecendo así a eficiencia e un maior benestar dos consumidores e usuarios.

Ata agora e desde o ano 2004 en Galicia existen dous órganos de defensa da competencia. Por una lado, o Tribunal Galego de Defensa da Competencia (TGDC), organismo autónomo de carácter administrativo, e, por outro, o Servizo Galego de Defensa da Competencia (SGDC), unidade da Secretaría Xeral e do Patrimonio, con rango de subdirección xeral, que realiza ademais funcións de apoio técnico xurídico.

A lei estatal 15/2007 creou a Comisión Nacional da Competencia como órgano único e introduciu cambios que afectan a todo o sistema de defensa da competencia español. Ademais, prevé que as comunidades autónomas exerzan máis competencias, o que fai conveniente coordinar ambas normas, incorporando na lei galega as que xa aparecen na do Estado.

Por iso, é necesario adaptar a estrutura dos órganos galegos aos cambios institucionais, substantivos e procedimentais introducidos pola lei española, o que fortalecerá a súa independencia. O Estado ten competencia exclusiva sobre a lexislación substantiva de defensa da competencia, mentres que ás comunidades autónomas lles corresponde as de execución sobre as condutas anticompetitivas que teñan efectos dentro do seu territorio.

Novas competencias
A lei estatal habilita ás autonomías para exercer novas competencias, pois aporta unha maior colaboración no control de concentracións económicas, que é competencia exclusiva do Estado. Así, cando a concentración incide de modo significativo no territorio dunha comunidade, a Dirección de Investigación da Comisión Nacional da Competencia debe solicitar informe preceptivo á autonomía afectada. Igualmente a lei permite ás comunidades autónomas ter un maior control sobre as axudas públicas que se concedan no seu territorio.

Tamén o Consello Galego da Competencia poderá intervir, sen ter condición de parte, por iniciativa propia ou a instancia do órgano xudicial correspondente, nos procedementos abertos sobre cuestións relativas ás condutas prohibidas previstas na norma.

Coa nova lei galega este Consello poderá emitir informes sobre cuestións relativas á defensa da competencia, a petición do Parlamento de Galicia, do Consello da Xunta e dos seus conselleiros, así como das corporacións locais. Tamén emitirá informe preceptivo sobre os proxectos de lei e outras normas autonómicas que poidan ter algún efecto sobre a competencia efectiva nos mercados.

Por outra banda, este órgano asumirá a función de elaborar informes sobre os distintos sectores económicos, que poden incorporar propostas de liberalización, desregulación ou modificación normativa. Ademais, incorpórase a competencia de asesoramento, ao poder efectuar propostas á Consellería de Facenda, para elevar ao Consello da Xunta, se é o caso, sobre liñas de actuación orientadas a promover unha maior competencia efectiva nos mercados.

O Consello Galego da Competencia poderá impugnar os actos e disposicións xerais de rango inferior a lei das administracións públicas autonómica ou locais que obstaculicen a competencia efectiva nos mercados. O seu persoal terá condición de axente de autoridade e poderá realizar os labores de inspección que regula a lei do Estado.

Un comentario sobre “Galicia unificará en febrero sus órganos de defensa de la competencia para fortalecer la vigilancia de los mercados

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s