La Xunta financiará las obras para dotar de césped artificial los campos de fúbol de Cospeito, Friol, y Vilalba por 1,1 millones

A Xunta financiará as obras para dotar de céspede artificial os campos de fútbol de Cospeito, Friol e Vilalba

  • O secretario xeral para o Deporte asinou esta mañá os respectivos convenios de colaboración cos alcaldes destes tres concellos lugueses
  • O orzamento global destas actuacións ascende a máis de 1,1 millóns de euros

Lugo, 21 de decembro de 2010.- A Xunta de Galicia subvencionará as obras de dotación de céspede artificial dos campos de fútbol de Cospeito, Friol e Vilalba. Así se establece nos respectivos convenios de colaboración asinados hoxe entre o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e os alcaldes de Cospeito, Armando Castosa Alvariño; de Friol, Antonio Muíña Pena; e de Vilalba, Gerardo Criado Guizán, nun acto celebrado esta mañá en Lugo no que tamén estivo presente a delegada territorial, Raquel Arias.

As obras proxectadas nestes tres municipios, que están en fase de licitación, prevén un investimento global de 1.114.948 euros. Así, concretamente, no concello de Cospeito prevese dotar de céspede artificial o terreo de xogo que ten unhas dimensións de 98×58 metros, bandas laterais de 1,50 metros de ancho e bandas de fondo de 2,5 metros. O orzamento de licitación desta mellora ascende a 386.016,68 euros.

Polo que respecta ao campo de fútbol de Friol, este conta cunhas dimensións do terreo de xogo de 100×60 metros, bandas laterais de 1,50 metros de ancho e bandas de fondo de 2,50 metros. O proxecto prevé dotar tamén de céspede artificial a esta infraestrutura deportiva, para a que se prevé un investimento de 403.103,28 euros.

Para a dotación de céspede artificial do campo de fútbol de Vilalba, que ten unhas dimensións de 95×48 metros de terreo de xogo, bandas laterais de 1,50 metros de ancho e bandas de fondo de 2,50 metros, prevese un orzamento de 325.828,33 euros.

Estas tres actuacións que acometerá a Secretaría Xeral para o Deporte poñen de manifesto o compromiso do Goberno galego coa promoción e o fomento do deporte e a mellora na dotación das infraestruturas deportivas da comunidade.

Un comentario sobre “La Xunta financiará las obras para dotar de césped artificial los campos de fúbol de Cospeito, Friol, y Vilalba por 1,1 millones

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s