La Xunta promociona el mejillón gallego en 95 restaurantes de la región

A CONSELLERÍA DO MAR PROMOCIONA O MEXILLÓN GALEGO EN 95 RESTAURANTES DE TODA GALICIA

 La Consellería del Mar promociona el mejillón gallego en 95 restaurantes de toda Galicia

 

Santiago, 18 de decembro de 2010.-  A Consellería do Mar promociona o mexillón galego en 95 restaurantes de alta categoría de toda Galicia a través das xornadas gastronómicas deste molusco. Esta iniciativa, que durará todo o mes de decembro, está enmarcada no convenio de colaboración coa Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (Cehosga).

 

Os establecementos participantes identifícanse mediante carteis co lema Unha fonte de pracer. Nas súas cartas e menús ofrecen un mínimo de dúas receitas que teñen como principal ingrediente o mexillón galego. Pódense degustar tanto receitas clásicas e tradicionais como os mexillóns de Galicia á mariñeira e a empanada de mexillóns, ou outras propostas máis innovadoras como o risotto de grelos con salteado de mexillón de Galicia ou o ceviche de mexillóns de Galicia e miniverduras ecolóxicas, entre moitas outras receitas.

 

Os interesados en realizar a súa propia ruta de degustación do mexillón galego poden facelo a través dos trípticos informativos das xornadas que se distribúen nos restaurantes adscritos a esta iniciativa e nas oficinas de turismo. Entre os establecementos participantes, encóntrase o restaurante gañador do Concurso Profesional de Cociña mexillón de GALICIA celebrado en novembro.

 

Esta acción promovida pola Consellería do Mar complementa as dúas campañas promocionais que este mes está desenvolvendo o departamento de Rosa Quintana a través dos puntos de venda e dos valos publicitarios para potenciar o consumo deste produto e mellorar a súa comercialización no Nadal.

 

2 comentarios sobre “La Xunta promociona el mejillón gallego en 95 restaurantes de la región

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s