Arranca la construcción del nuevo puente sobre el río Miño en el núcleo orensano de Os Peares

A Xunta inviste 2,6 millóns de euros na construción dunha nova ponte sobre o río Miño, no núcleo ourensán dos Peares

La Xunta invierte 2,6 millones de euros en la construcción de un nuevo puente sobre el río Miño, en el núcleo orensano de Os Peares

  • Está previsto que la obra del puente se licite en el primer semestre de 2011 y que las obras estén completadas en el 2012
  • Paralelamente se construirá una senda peatonal en la margen derecha del río, que complementará la construcción del puente

 

  • Está previsto que a obra da ponte se licite no primeiro semestre de 2011 e as obras estean rematadas no ano 2012
  • O Goberno galego pretende que a nova ponte sexa un importante eixe de comunicación e vertebración que faga máis fácil a convivencia e o intercambio entre as xentes das marxes do río
  • Cómpre recordar que unha actuación paralela é a recuperación da marxe dereita do río Miño mediante a construción dunha senda peonil que complementará a construción desta ponte

Santiago, 21 de decembro de 2010.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto que dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de construción da nova ponte sobre o río Miño, no núcleo dos Peares situado no concello ourensán da Peroxa. A ponte obxecto desta actuación nacerá na conexión da antiga estrada N-120, situada no concello de Nogueira de Ramuín, coa estación de ferrocarril da liña Ourense-Monforte de Lemos, no lugar dos Peares. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investirá preto de 2,6 millóns de euros na construción deste da ponte.

Cómpre recordar que esta infraestrutura é un compromiso do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, quen nunha visita no mes de maio á localidade ourensá dos Peares anunciou a conexión dos Peares coa N-120.

Esta actuación facilitará a unión entre as dúas marxes do río Miño, resolvendo as molestias que supón percorrer 7 quilómetros pola presa dos Peares para pasar ao outro lado. Polo tanto, o Goberno galego pretende que a nova ponte sexa un importante eixo de comunicación e vertebración que faga máis fácil a convivencia e o intercambio entre os preto de 4.800 veciños dos concellos da Peroxa, Nogueira de Ramuín e Carballedo. Outra das razóns que salientan a importancia do proxecto é que servirá para potenciar a zona turística da Ribeira Sacra.

Características da ponte
A nova ponte sobre o río Miño terá unha lonxitude de 193,60 metros; cinco vans, con luces de 22, 36, 45, 64 e 35 metros; contará cun largo de taboleiro de 5,5 metros; e unha calzada de 3,25 metros; así mesmo contará cunha beirarrúa de 1,25 metros a cada lado da calzada e dous peitorís de medio metro cada un deles. Así mesmo, a súa estrutura estará formada por catro piares de formigón, dous verticais e dous en V e un taboleiro de sección mixta formigón-aceiro. Esta obra licitarase no primeiro semestre de 2011 e estará rematada no ano 2012.

Actuacións complementarias
Asemade, o pasado 8 de xullo o Consello da Xunta aprobou o proxecto de recuperación da marxe dereita do río Miño, mediante a construción dunha senda peonil ou paseo fluvial. Esta actuación, que se licitará no vindeiro mes de decembro por 485.000 euros, complementará a construción da ponte e permitirá recuperar o contorno. As obras consistirán na recuperación ambiental desta área, polo que se procederá á retirada parcial do muro existente para formar un noiro que facilite o crecemento de vexetación; farase tamén unha biorrexeneración mediante a colocación de biorrolleira de estabilización de noiros e, así mesmo, procederase á revexetación con plantación de vexetación de ribeira e semente de céspede. Así mesmo, levarase a cabo unha adecuación recreativa que consistirá na realización da senda peonil a base de pavimento permeable formigón-céspede de 570 metros e a colocación de balizas baixas estancas para luz pública.

Un comentario sobre “Arranca la construcción del nuevo puente sobre el río Miño en el núcleo orensano de Os Peares

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s