JAVIER GUERRA SALIENTA O APOIO DA XUNTA E O COMPROMISO DA ARMADORA RIEBER COA REACTIVACIÓN DE FACTORÍAS VULCANO
El conselleiro de Economía e Industria, que se reunió con la dirección de la empresa y con representantes de la armadora viguesa Vulcano, anunció que el astillero y la firma armadora noruega Rieber han podido llegar finalmente a un acuerdo para entregar en tiempo y plazo el buque 533 e incluso construirle otros dos proyectos más, lo que aleja de forma definitiva la sombra de la quiebra de Vulcano y permite el inicio de su recuperación
O conselleiro de Economía e Industria, que se reuniu coa dirección da empresa e con representantes da armadora, apuntou que o estaleiro e a firma norueguesa chegaron a un acordo para pechar as datas de finalización do buque 533, o que permitirá entregar o buque “en tempo e prazo grazas ao compromiso da dirección e dos traballadores como un primeiro paso para a súa recuperación”
Javier Guerra avanzou ao remate do encontro que a armadora Rieber baralla na súa planificación “encargar dúas construcións máis á firma viguesa nos vindeiros anos, o que é unha magnífica noticia e conta co compromiso do Goberno da Xunta de Galicia”
A Consellería de Economía e Industria implicouse dende o primeiro momento na procura dunha solución para Factorías Vulcano, e lembrou que foi o Goberno da Xunta de Galicia o que liderou todas as xestións encamiñadas a pechar unha operación de financiamento que permitira a finalización do buque 533, e para a que destinou case 17 millóns de euros
Santiago, 15 de decembro de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria salientou hoxe o apoio da Xunta de Galicia e o compromiso da armadora Rieber como puntos fundamentais da reactivación de Factorías Vulcano. Javier Guerra fixo estas declaracións ao remate do encontro que mantivo en Vigo coa dirección da empresa viguesa e co conselleiro delegado da armadora norueguesa, e logo de que tanto o estaleiro como a armadora chegasen a un acordo para pechar as datas de finalización do buque 533, o que permitirá entregar o buque “en tempo e prazo grazas ao compromiso da dirección e dos traballadores como un primeiro paso para a súa recuperación”.
O conselleiro de Economía e Industria avanzou ao remate do encontro que a armadora Rieber, que “ten plena confianza no traballo de Factorías Vulcano, na súa dirección e nos seus traballadores, e é coñecedora do apoio da Xunta non só ao estaleiro, senón a todo o sector naval galego”, baralla na súa planificación “encargar dúas construcións máis á firma viguesa nos vindeiros anos, o que é unha magnífica noticia e conta co compromiso do Goberno da Xunta de Galicia”.
Javier Guerra salientou tamén que a Consellería de Economía e Industria implicouse dende o primeiro momento na procura dunha solución para Factorías Vulcano, e lembrou que foi o Goberno da Xunta de Galicia o que liderou todas as xestións encamiñadas a pechar unha operacións de financiamento que permitira a finalización do buque 533, fundamental para o inicio de recuperación do estaleiro vigués.
Deste xeito, o conselleiro de Economía e Industria apuntou que a insistencia e o traballo da Xunta deron os resultados agradados, e lembrou que o seu departamento activou de inmediato os mecanismos financeiros para avalar con case 17 millóns de euros a operación que posibilitará o remate do buque por parte de Vulcano, a recuperación da súa actividade e o mantemento da carga de traballo.
La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta