Los escolares gallegos aprenden las Ciencias del Mar

A iniciativa propón actividades destinadas a divulgar o coñecemento e as aplicacións deste ámbito científico -La iniciativa propone actividades destinadas a divulgar el conocimiento y las aplicaciones de este ámbito científico 

UN PROXECTO DO CETMAR AXUDA AOS ESCOLARES GALEGOS A COÑECER MELLOR AS CIENCIAS DO MAR

 Un proyecto de Cetmar ayuda a los escolares gallegos a conocer mejor las Ciencias del Mar. Todos los centros educativos de la comunidad autónoma están invitados a participar en esta propuesta, que incluye un concurso de experimentos y diferentes recursos didácticos interactivos a través de una página web

  • Tódolos centros educativos de Galicia están invitados a participar nesta proposta, que inclúe un concurso de experimentos, unha representación de monicreques e diferentes recursos didácticos interactivos a través dunha páxina web (http://www.galiciaeascienciasdomar.org/)

 

Vigo, 25 de outubro 2010.-  Procurar un maior e mellor achegamento dos escolares galegos ás ciencias do mar é o obxectivo global do proxecto de divulgación “Galicia e as Ciencias do Mar” que vén de pór en marcha un ano máis o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, e cuxas actividades están abertas a tódolos centros educativos da comunidade autónoma. A proposta inclúe un concurso de experimentos aberto a alumnos e alumnas de Primaria e Secundaria; representacións de monicreques para os máis cativos e diferentes recursos didácticos interactivos a través da web do proxecto (www.galiciaeascienciasdomar.org).

Así, e ata o vindeiro 25 de novembro, os centros que se animen a participar no concurso poderán presentar os seus experimentos e demostracións para explicar as ciencias do mar de xeito divertido e sinxelo. Deberán xuntarse tres estudantes e un docente.

Os autores dos mellores traballos, que serán seleccionados por un xurado especializado, recibirán como premio un MP4, participarán nunha xuntanza de ideas onde se realizarán os experimentos como se dun congreso científico se tratase e poderán participar na gravación do programa da Radio Galega “Efervesciencia”. Os interesados en recibir máis información da convocatoria poderán pedir aos doutores “Octo” e “Medusa” que envíen aos seus colaboradores ao centro de ensino para que llo conten directamente.

Tódolos participantes no concurso recibirán un diploma e no caso dos clasificados para asistir á xuntanza de ideas, que terá lugar os días 18 e 19 de decembro, serán premiados cun MP4 e unha bata de laboratorio. Entre tódolos participantes nese encontro decidirán os gañadores do certame, quen difundirá o seu traballo no programa “Efervesciencia”. A lista dos mellores proxectos publicarase na web o 3 de decembro.

Outra das actividades do proxecto “Galicia e as Ciencias do Mar” son as representacións de monicreques “Marusía” que, con idéntico fin, están pensadas para un público de 150 alumnos de entre 5 e 10 anos de idade. Os pequenos espectadores terán a posibilidade de reflexionar sobre algúns dos males que sofre o mar e poderán continuar a actividade na aula coas propostas de materiais existentes na web.

Tamén a través do portal poderán levarse a cabo diferentes experimentos interactivos a través do barco laboratorio “Orión”, así como outras actividades que se incorporan á programación do proxecto nesta edición 2010, como é o E-learning coffee “A marea baixa está moi viva”, que se porá en marcha en breve para, entre outros aspectos, ensinar a diferenciar os bivalvos ou diferentes aspectos sobre o aproveitamento das algas.

O deseño, a organización e a coordinación de “Galicia e as Ciencias do Mar” corre a cargo da Fundación CETMAR, que conta con financiamento da Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria para a creación do portal. O concurso de experimentos e os monicreques están confinanciados ademais pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Ministerio de Ciencia e Innovación) e o proxecto conta co patrocinio da Fundación Océano Vivo, que colaborará no desenvolvemento das diferentes actividades trala firma dun convenio entre a directora-xerente do CETMAR, Paloma Rueda Crespo, e o seu presidente, Benito González Sineiro.

Tódalas novidades referentes a este proxecto están xa a disposición dos interesados na páxina web e, en breve, en Facebook e en Twitter.

Anuncios

Un comentario sobre “Los escolares gallegos aprenden las Ciencias del Mar

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s