El Centro Tecnológico del Mar pone en marcha el primer laboratorio de calibración de equipos en Vigo

A infraestrutura inaugúrase mañá día 16 de decembro na sede da Fundación en Vigo

O CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR PON EN MARCHA O PRIMEIRO LABORATORIO DE CALIBRACIÓN DE EQUIPOS OCEANOGRÁFICOS DE ESPAÑA

 As novas instalacións foron financiadas en parte con fondos do proxecto Interreg RAIA, no que o CETMAR traballa conxuntamente con entidades de España e Portugal para configurar un observatorio oceánico transfronteirizo .

Vigo, 15 de decembro de 2010.- O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR porá en marcha o primeiro laboratorio de calibración de equipos oceanográficos de España, unha infraestrutura que permitirá calibrar e verificar o correcto funcionamento de sensores de salinidade, temperatura e presión coa máis alta precisión dispoñible a nivel global. As novas instalacións serán inauguradas mañá xoves coincidindo coa celebración na sede do Centro en Vigo da reunión plenaria do proxecto RAIA, que aportou fondos para habilitar este servicio. Representantes das entidades de España e Portugal que traballan conxuntamente no devandito proxecto visitarán o laboratorio pola mañá.

Asegurar a calidade dos datos oceanográficos é unha necesidade real para todas as institucións interesadas na observación, medida e experimentación no medio mariño e para axudar a cumprir esa premisa habilitouse no CETMAR o primeiro laboratorio de calibración de equipos oceanográficos a nivel nacional. A construcción desta infraestrutura, que foi financiada con fondos da propia Fundación e do referido proxecto RAIA, evitará o envío destes sensores a Estados Unidos ou Europa como é obrigado na actualidade.

O proxecto RAIA, financiado pola Unión Europea a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal e coordinado por MeteoGalicia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ten como obxectivo principal o desenvolvemento dun observatorio oceánico constituído por unha infraestrutura transfronteiriza de observación e predición operacional do estado do océano. Actualmente xa están instaladas duas boias océano-meteorolóxicas na altura de A Guarda e ao Sur da Illa de Ons que complementan a rede de observación oceanográfica da Xunta de Galicia, e outra boia a altura do Porto de Leixoes, na plataforma continental pertencente o Instituto Hidrográfico portugués. Unha nova boia na altura do Cabo Silleiro e outra experimental costeira para a medida do potencial eólico offshore en Portugal completarán a rede. Estes instrumentos miden datos de correntes, temperatura, salinidade, clofila e oxíxeno disolto, vento, temperatura do aire e humidade. Todolos datos son postos a disposición do público en tempo real a través da páxina web do proxecto RAIA.

Durante a xornada de mañá presentarase tamén o portal do devandito proxecto (www.observatorioraia.org) concibido para ofrecer servizos específicos aos usuarios das predicións e observacións obtidas na marxe ibérica da Península. Os usuarios atoparán nel mapas xeorreferenciados coas predicións marítimas da marxe ibérica, meteorolóxicas, datos das boias e radares, e servizos específicos de predición para cofradías, percebeiros, etc.

No acto, previsto para as dez da mañá na sede do CETMAR, estarán presentes tamén representantes das autoridades portuarias de Vigo, A Coruña, Leixoes e Viana do Castelo, que terán oportunidade de coñecer os traballos que se están a realizar no marco desta iniciativa para optimizar o equipamento de loita contra a contaminación mariña accidental e prever as áreas de posible impacto de verteduras accidentais de hidrocarburos, facilitando a toma de decisións en caso de continxencia de contaminación mariña. A predición permitirá, así mesmo, unha mellora das condicións de seguridade marítima nas actividades de recreo que se desenvolven nas dársenas do porto.

Sobre o proxecto RAIA

Coordinado por MeteoGalicia, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas), e ademais do CETMAR, en RAIA participan o Centro Interdisciplinar de Investigaçao Marinha e Ambiental de Portugal; as facultades de Ciencias e de Engenheria da Universidade do Porto; o Instituto de Engenhería Mecanica e Gestao Industrial portugués; o Instituto de Engenhería de Sistemas e Computadores do Porto;o Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC); o Instituto Español de Oceanografía; o Instituto Hidrográfico; o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (INTECMAR) da Consellería do Mar; o Centro de Estudios do Ambiente e do Mar (CESAM) da Universidade de Aveiro e a Universidade de Vigo.

Os traballos enmarcados dentro de RAIA terán continuidade nun novo proxecto do mesmo programa Interreg IV-A, “RAIA.co”, que terá vixencia ata o ano 2013 e que centrará os seus esforzos no desenvolvemento de servizos específicos adaptados ás necesidades dos diferentes sectores produtivos relacionados co medio mariño.

2 comentarios sobre “El Centro Tecnológico del Mar pone en marcha el primer laboratorio de calibración de equipos en Vigo

Responder a Articulo Indexado en la Blogosfera de Sysmaya Cancelar respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s