La Xunta intenta explicar a los veterinarios de Seaga el por qué del ERE

El conselleiro de Medio Rural explica a los veterinarios de Seaga que el ERE significa la finalización de la campaña para la identificacion animal

JUÁREZ EXPLICA AOS VETERINARIOS DE SEAGA QUE O ERE É FROITO DA FINALIZACIÓN DA ENCOMENDA PARA A IDENTIFICACIÓN ANIMAL

 O conselleiro do Medio Rural, xunto coa delegada da Xunta en Lugo, reuniuse pola mañá cos representantes dos traballadores afectados polo ERE e acudiu pola tarde á comisión negociadora que tivo lugar en Santiago
 Juárez explicoulles que este Expediente de Regulación de Emprego é consecuencia do remate da encomenda polo descenso da carga de traballo

Santiago, 13 de decembro de 2010.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Lugo, reuniuse na capital luguesa con representantes dos veterinarios da empresa pública Servizos Agrarios Galegos (Seaga) incluídos no ERE aprobado pola finalización de contrato destes traballadores, a causa do remate da encomenda para a realización de tarefas de identificación animal. Pola tarde, e atendendo unha petición do propio comité de empresa, Juárez acudiu tamén en Santiago á xuntanza da comisión negociadora do ERE.

Juárez explicoulles aos representantes dos traballadores que este Expediente de Regulación de Emprego é consecuencia, precisamente, da finalización da encomenda polo descenso da carga de traballo. Unha decisión “difícil e dolorosa que adoptou a Consellería para levar a cabo estes labores dun xeito máis eficaz e eficiente, dado o momento presupostario, de tal forma que sexa posible facer exactamente o mesmo que se viña facendo”. De feito, o titular do Medio Rural salientou que estes labores supoñían unha “carga presupostaria importante, de case 5 millóns de euros ao ano”.

Ao remate da xuntanza, o titular de Medio Rural explicou que Seaga viu reducida considerablemente a súa carga de traballo nos últimos anos. Engadiu ademais que “ata o ano 2008 era preciso expedir un certificado veterinario que xa non existe”.

Profesionalización
Con respecto ao sistema de identificación do gando, Juárez advertiu que “probablemente hai dez anos era necesario, pero hoxe en día, con menos explotacións e explotacións máis profesionais é sacar as cousas de contexto falar de que porque sexa o propio gandeiro o que pon o crotal, e non unha persoa que manda a Xunta, pode haber problemas na cadea alimentaria”.

Neste senso, tamén recordou que “o gandeiro é o primeiro eslabón desa cadea, e que ten responsabilidades tan importantes como alimentar aos animais e subministrarlles medicamentos”.

Normativa
Samuel Juárez dixo tamén que a intención do seu Departamento é “seguir facendo a identificación igual que se viña facendo, no sentido de que hai unha normativa europea que temos que cumprir”. Explicou que isto faise igual no resto das comunidades autónomas e de países europeos, porque “os animais teñen que estar identificados individualmente e non poden saír das explotacións sen estar identificados”, porque hai que garantir a trazabilidade ao longo de toda a cadea alimentaria.
Cetal
Despois do encontro cos veterinarios na Delegación da Xunta en Lugo, o conselleiro, acompañado polo secretario xeral da Consellería, Jorge Atán Castro, reuniuse no Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes) co Padroado da Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (Cetal).

A xuntanza de hoxe tivo como eixe principal a revisión do proceso de fusión da fundación do sector público estatal “Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo” e da fundación privada de interese galego “Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia” e as actuacións previstas ao respecto.

2 comentarios sobre “La Xunta intenta explicar a los veterinarios de Seaga el por qué del ERE

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s