Arranca en Galicia el nuevo Plan Renove de equipos de climatización

ECONOMÍA E INDUSTRIA ACTIVA O NOVO PLAN RENOVE DE EQUIPOS DE CLIMATIZACIÓN, CON AXUDAS DE ATA O 25% DO CUSTO E CO QUE XERARÁ UN INVESTIMENTO ASOCIADO DE 3,5 MILLÓNS DE EUROS

 Economía e Industria activa el nuevo Plan Renove de equipos de climatización, con ayudas de hasta el 25% del coste y una inversión asociada de 3,5 millones de euros

  • O director do Instituto Enerxético de Galicia presentou esta nova liña de axudas de aforro e eficiencia enerxética, que se enmarca dentro da aposta estratéxica da Xunta de Galicia pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética, e á que se destina un orzamento de 1 millón de euros
  • Será subvencionable o cambio de caldeiras, equipos de climatización e bombas de calor pola compra doutros equipos de alta eficiencia enerxética con potencia maior ou igual que 5 kW e menor ou igual a 70 kW
  • Prevese que a través desta campaña Economía e Industria obteña un aforro e enerxía primaria de 212,4 toneladas equivalentes de petróleo, así como evitar a emisión de 776 toneladas de CO2 á atmosfera

 

Santiago, 28 de decembro de 2010.- O Instituto Enerxético de Galicia da Consellería de Economía e Industria vén de presentar o novo Plan Renove de Equipos de Climatización, a segunda edición desta liña de axudas de aforro e eficiencia enerxética nos fogares galegos, á que se destina un orzamento de 1 millón de euros, e coa que se pretende reducir o consumo das instalacións térmicas de calefacción, climatización e produción de auga quente sanitaria, a través da substitución de equipos convencionais por equipos de alta eficiencia enerxética: caldeiras, equipos de climatización e bombas de calor.

 

O Plan Renove de Equipos de Climatización, que foi presentado hoxe polo director do Inega, Eliseo Diéguez, xerará un investimento asociado de 3,5 millóns de euros. Con esta actuación incardinada na aposta estratéxica da Xunta de Galicia pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética, prevese chegar a máis de 1.000 vivendas e edificios e a máis de 200 establecementos adheridos.

 

O Plan entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG, de hoxe, 28 de decembro de 2010) e rematará o 30 de xuño de 2011 ou ben ata que se esgoten os fondos correspondentes. As axudas poderanse solicitar a partir dos 30 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación no DOG (concretamente, desde o próximo 3 de febreiro) e ata o esgotamento de crédito ou ata o fin do Plan.

 

A través deste Plan o Inega incentivarase o cambio de caldeiras, equipos de climatización e bombas de calor convencionais de baixa eficiencia enerxética pola compra doutros equipos de alta eficiencia con potencial nominal térmica maior ou igual que 5 kW e menor ou igual a 70 kW que cumpran os requisitos técnicos establecidos nas bases reguladoras que, ao igual que as marcas e modelos subvencionables, poderán consultarse na páxina web do Inega, http://www.inega.es/. Os aparatos antigos substituídos deberanse entregar aos xestores autorizados para o seu correcto tratamento como residuo voluminoso conforme á normativa vixente.

 

 Axudas de ata o 25%

A contía da subvención pode chegar ao 25% do custo da instalación (equipos, instalación e IVE, no caso de que sexa subvencionables), con máximos establecidos en función da potencia nominal, de acordo coas bases reguladoras. No caso de equipos de frío ou bombas de calor, considérase custo da instalación tanto a unidade exterior como as unidades interiores. Así, e en función da potencia nominal, as axudas para caldeiras de condensación poden chegar a alcanzar os 1.320 euros e os 3.840 no caso de substitución de equipos de aire acondicionado e bombas de calor.

 

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarias de vivendas ou edificios do sector terciario sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios do sector terciario da súa titularidade sitos na comunidade autónoma de Galicia e cando tramiten a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas ao Plan.

 

Proceso de obtención da axuda

O comprador dirixirase a un instalador adherido ao Plan Renove de Equipos de Climatización 2010 e adquirirá o equipo obxecto de subvención. O instalador realizará a solicitude de fondos mediante a aplicación web habilitada ao efecto, imprimirá o impreso da axuda e o comprador asinará a súa conformidade. A continuación o instalador terá ata un máximo de 90 días naturais desde o día seguinte á data de reserva de fondos para realizar a instalación; cobrar o importe da factura e o desconto da axuda establecida e, por último, remitir toda a documentación ao Inega para o cobro da subvención.

 

Co Plan Renove de Equipos de Climatización 2010 preténdese seguir apoiando o aforro enerxético e económico nos fogares galegos. O aforro de enerxía primaria estimado alcanza os 212,4 toneladas equivalentes de petróleo, o que supón evitar a emisión de 776 toneladas de CO2 á atmosfera.

Estratexia global de aforro

Este novo Plan de Economía e Industria incardínase na estratexia de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio en curso, que conta cun orzamento total superior aos 21 millóns de euros, e co que se prevé a xeración dun aforro enerxético superior a 193 mil MWh anuais, un aforro económico de preto de 16 millóns de euros anuais, unha redución na emisión á atmosfera de máis de 78 mil toneladas de CO2, cun investimento asociado de 75 millóns de euros.

Un comentario sobre “Arranca en Galicia el nuevo Plan Renove de equipos de climatización

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s