Alerta naranja en A Coruña y A Mariña lucense el jueves 9 de diciembre

A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR ALERTA DUN FENÓMENO ADVERSO DE NIVEL LARANXA NA COSTA DA CORUÑA E LUGO

 La Dirección Xeral de Emergencias e Interior alerta de un fenómeno adverso de nivel naranja en la costa de A Coruña y Lugo. Habrá mar muy gruesa y viento del noroeste que podrá superar la fuerza 8 en el sudoeste coruñés y en la zona de A Mariña lucense

  • Producirase mar moi grosa e vento do noroeste que poderá superar a Forza 8 no suroeste coruñés e na zona da Mariña lucense
  • Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoprotección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar

 

Santiago, 8 de decembro de 2010.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza alerta dun episodio de meteoroloxía adversa por fenómenos costeiros de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Lugo a partir de mañá, xoves 9 de decembro.

 

Segundo as predicións de da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), no suroeste da provincia da Coruña haberá mar moi grosa con vento do noroeste que poderá superar a Forza 8 a partir das 04.00 horas do xoves.

 

Igualmente, na zona da Mariña lucense tamén haberá mar moi grosa con ventos do norte e do noroeste de Forza 8, que comezará a partires das 10.00 horas de mañá.

 

Así, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia,  informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos costeiros das zonas afectadas, aos organismos das administracións estatais, locais e autonómicas, aos servizos provinciais de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

 

Tamén, recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoprotección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s