MÁIS DE 160.000 PERSOAS VISITARON EN MADRID A PROMOCIÓN DOS PRODUTOS GASTRONÓMICOS GALEGOS DE CALIDADE ‘SABOREA GALICIA’
Más de 160.000 personas visitaron en Madrid la promoción de los productos gastronómicos gallegos de calidad ‘Saborea Galicia’
- Entre os días 12 e 21 de novembro, o histórico mercado de San Miguel, reuniu a meirande mostra da gastronomía galega, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo a través de Turgalicia. Na mostra déronse cita máis de medio millar de referencias culinarias galegas.
- Os produtos galegos tiveron unha grande acollida entre os visitantes, tanto madrileños como turistas nacionais e estranxeiros, de xeito que houbo que repoñer un 30 por cento máis as cantidades previstas para satisfacer a demanda.
Santiago, 28 de novembro de 2010.- Máis de 160.000 persoas participaron no histórico mercado de San Miguel de Madrid, entre os días 12 e 21 de novembro, na campaña ‘Saborea Galicia’ de promoción dos produtos gastronómicos galegos de calidade, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo a través da sociedade Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo. A campaña tivo como obxectivo a difusión dos valores da gastronomía galega no mercado madrileño, o que máis turistas achega anualmente á Comunidade galega.
Esta promoción da Xunta de Galicia, que tamén contou no seu desenvolvemento coa participación das consellerías de Medio Rural e Mar, constituíu a meirande mostra dos produtos gastronómicos galegos de calidade. Este acontecemento serviu de escaparate para os produtos gastronómicos galegos máis senlleiros de Galicia e posibilitou a súa comercialización entre o público madrileño ao tempo que se difundiron os valores turísticos da Comunidade galega.
Unha proba do interese desta mostra en Madrid foi o incremento da porcentaxe do número de visitantes do mercado entre os días 12 e 21 de novembro en máis dun 20 por cento. Os produtos galegos de calidade tiveron unha grande acollida entre os visitantes, tanto madrileños como turistas nacionais e estranxeiros, de xeito que houbo que repoñer un 30 por cento máis as cantidades previstas para satisfacer a demanda.
Alimentos certificados
Ao longo destes días, Turgalicia instalou no mercado de San Miguel 12 postos de venda con máis de medio millar de referencias de produtos e cada un deles estivo atendido por dúas persoas coñecedoras das características destes.
Dentro destes postos, que se dispuxeron a xeito de carriños decorados coa imaxe característica desta promoción, exhibíronse produtos galegos das distintas denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, relacionadas cos sectores dos queixos, a carne, o hortícola, a panadería, a pastelería, os produtos do mar, o mel e a castaña.
Ademais, promocionáronse os viños das cinco denominacións de orixe, así como os viños da terra e as bebidas espirituosas, das que se chegaron a vender máis de 3.500 botellas.
Nesta promoción da Xunta da Galicia, difundíronse tamén os valores dos produtos con certificación ecolóxica, e os visitantes, ademais de poder informarse e mercar produtos gastronómicos de Galicia de calidade, puideron obter información turísitca sobre as posibilidades que ofrece o territorio galego no eido gastronómico e turístico, grazas a un punto informativo que se instalou no propio mercado de San Miguel.
Xornadas de promoción
Na promoción Saborea Galicia, tiveron lugar xornadas específicas para mercar e degustar os distintos produtos da gastronomía galega. Así, os días 12 e 13, estiveron dedicados aos cogomelos, as castañas e ás fabas, que foron protagonistas da cociña do mercado. Os días 14 e 15 de novembro estiveron dedicados ao peixe e ás conservas, mentres que os mariscos foron os protagonistas das xornadas do 16 e o 17 de novembro. Os días 18 e 19 houbo promocións especiais das carnes galegas, e dos queixos, os días 20 e 21 de novembro. Ademais, realizáronse dúas catas maridadas diarias con viños, unha ás 13:00 horas e outra ás 21:00 horas, nas que participaron máis de 5.000 persoas.
Ao longo desta promoción, os dous locais de hostalería habituais do mercado, seviron tapas elaboradas con produtos galegos e viños das denominacións de orixe de Galicia.
La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta
[…] Autor:https://asturgalicia.wordpress.com/2010/11/29/mas-de-160-000-en-la-promocion-gastronomica-gallega-en-… […]
Me gustaMe gusta