La Xunta reclama que la pesca furtiva se considere delito en el Código Penal

Foto: albertrucho.blogspot.com

A XUNTA DEMANDA A REFORMA DO CÓDIGO PENAL PARA QUE O FURTIVISMO SEXA CONSIDERADO COMO DELICTO E ASÍ LOGRAR A SÚA ERRADICACIÓN  

 

 El gobierno gallego exige la reforma del Código Penal para que el furtivismo se considere como delito y así pueda lograrse su erradicación

  •  O subdirector de Gardacostas, Lino Sexto, cre que é fundamental para “defender a actividade legal dos nosos mariñeiros” e salvagardar a estruturas pesqueiras e marisqueiras e lembra que a Xunta “fixo os seus deberes”
  • O director xeral de Competitividade e Innovación  Tecnolóxica, Juan Maneiro,  asegurou que a posta en valor dos produtos do mar é unha prioridade da Xunta
  • O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños afirmou que a Xunta traballa para mellorar a calidade das augas das rías, o que beneficiará á actividade marisqueira

 

Santiago, 19 de novembro de 2010.- O subdirector do Servizo de Gardacostas, Lino Sexto, defendeu no Parlamento a necesidade da reforma do Código Penal para converter o furtivismo reincidente nun delicto e amosouse convencido de que “é a mellor maneira de reducir a actividade ilegal no litoral galego”. Sexto sostivo que “é incongruente avanzar na defensa da normativa do eido ambiental se nos deixamos atrás as penas por quebrantala” e lamentou o rexeitamento do ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, a esta postura “xa que o furtivismo tira por terra o traballo legal e responsable de moitos profesionais do mar”.

 Sexto denunciou que o actual marco lexislativo é escaso e ineficaz, sobre todo pola impunidade da que gozan os furtivos ao declararse insolventes, a pesar do “importante esforzo” que fixo a Xunta “para aproveitar todas as posibilidades que ofrece o noso marco xurídico-normativo e administrativo”. “Cremos que non existen nel medidas suficientes para atallar o problema e que é necesario acudir ao Código Penal” dixo e solicitoulle ao ministro que reconsidere e valore a alternativa da Xunta” que, segundo lembrou, coincide coa do sector.

 O subdirector xeral destacou ademais o traballo feito polo seu departamento no que respecta á vixilancia no litoral, á dotación ás confrarías de fondos para acometer a vixilancia e ao control da comercialización dos produtos do mar “para que toda a mercadoría se venda por cauces legais”. “Vendo isto, a Xunta ten feitos todos os seus deberes e é hora de que o Goberno asuma as súas competencias”, afirmou. 

 “Nós temos e debemos defender a actividade legal dos nosos mariñeiros e mariscadores e a contorna das praias, rías e o noso mar” dixo e engadiu que “é de xustiza acometer estes cambios, xa que a salvagarda das estruturas pesqueiras e marisqueiras e de loita contra o furtivismo dependen disto”. 

 O futuro da comercialización

Doutra banda, o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Carlos Maneiro Cadillo, explicou que o Encontro Profesional Pesqueiro do pasado no mes de maio, serviu para analizar co sector a situación actual dos produtos galegos no ámbito da comercialización “e para evidenciar a necesidade de desenvolver medidas que redunden nunha maior diferenciación e competitividade nos mercados nacionais e internacionais”.

O director xeral sostivo que a posta en valor dos produtos do mar “é un eixo fundamental da política de la Consellería no ámbito de comercialización” e, neste sentido, lembrou que o seu departamento investiu máis de 97 millóns de euros en axudas ao sector transformador e comercializador nos anos 2010 e 2011 “con posibilidade de aumentar as axudas do ano”.

 Outra das liñas de actuación da Xunta neste ámbito é o desenvolvemento de estratexias de promoción dos produtos da pesca, do marisqueo e da acuicultura en feiras galegas, nacionais e internacionais e por medio de campañas nos medios de comunicación. Trátase de accións dirixidas a incentivar o consumo de peixe polos máis cativos por medio dos programas O sabor da aventura está no mar e Ponlle as pilas ao teu bocata ou o apoio “decidido” á pesca artesanal, a través de programas como Mar Achega e a reestruturación e reforzo da marca PescadeRías.  Segundo contou o director xeral, a Consellería do Mar ten previsto facer un investimento de máis de 10 millóns de euros no 2010 e no 2011 para o desenvolvemento de novos mercados, campañas de promoción e regularización e investigación de mercados.

 Ademais, lembrou que a Consellería do Mar está ultimando o borrador do novo decreto de comercialización “que en breve iniciará a súa tramitación” e que xa lle presentou ao sector precisamente neste encontro. A nova normativa en primeira venda contempla, no borrador, a incorporación de innovacións tecnolóxicas que permitirán a simplificación dos procesos.

 Avanzar na calidade das augas, obxectivo da Xunta

Por último, o director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, falou do programa de apoio ao marisqueo que está a desenvolver a Consellería, que inclúe a achega aos profesionais de fondos económicos para a rexeneración, vixilancia e mantemento da produtividade dos banco marisqueiros clasificados como C.

 Fernández Asensio explicou que aproximadamente un 30% dos mariscadores a pé de Galicia traballan nestas zonas, o que supón 1.363 persoas ás que habería que engadir 474 mariscadores a flote. Asensio deixou claro que non todas as zonas C teñen a mesma afectación ”xa que hai áreas nas que esta catalogación inflúe nun 2% da actividade extractiva e económica da Confraría” e noutras nas que a afectación é total.    

 “Manteremos os mesmos convenios que se viñan asinando dende 2006, xa que foi o compromiso que adquirimos co sector” asegurou, aínda que precisou que o saneamento das rías galegas -que é unha das prioridades da Xunta-  “é o bo camiño para conseguir unha solución definitiva”. Ao respecto salientou que, no horizonte de 2014, teranse desenvolvido 25 actuacións en materia de saneamento e mellora da condición das augas de vertido, “o que contribuirá de xeito directo a avanzar na calidade das augas de 17 zonas de producción marisqueira”. O director xeral sostivo que estas actuacións xunto cos controis rigorosos do Intecmar son a fórmula para mellorar a cualificación das zonas de produción.

2 comentarios sobre “La Xunta reclama que la pesca furtiva se considere delito en el Código Penal

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s