El plan de banda larga para proveer de acceso a Internet a todos los gallegos llega a su ecuador

A XUNTA PUXO XA EN MARCHA MÁIS DA METADE DAS ACTUACIÓNS PREVISTAS NO PLAN BANDA LARGA 2010-2013 PARA FACILITAR O ACCESO Á INTERNET DE TODOS OS GALEGOS

 El gobierno gallego anuncia que ha puesto en marcha ya más de la mitad de las actuaciones previstas en el plan de banda larga 2010-2013 para facilitar el acceso a Internet de todos los gallegos

  • A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica deu conta o luns dos obxectivos acadados polo Plan no presente ano

 

Santiago, 17 de outubro de 2010.- A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación tecnolóxica, xa puxo en marcha máis da metade das actuacións do Plan Banda Larga de Galicia 2010 – 2013, presentado o pasado mes de febreiro e que ten como obxectivo proporcionar a dispoñibilidade de acceso á Internet de calidade a  todos os galegos. A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, explicou o luns os obxectivos acadados xa no presente ano coas medidas iniciadas.

O Plan contempla cinco actuacións das que xa se están a desenvolver 4: a implantación de redes fixas, sen fíos, de nova xeración (con velocidades de 100Mbsp), e a potenciación do operador público Retegal que está a poñer a disposición dos resto dos operadores a súa infraestrutura favorecendo a competencia.

Liñas de acción

A través do Plan de Banda Larga estanse a estender redes de transporte de alta capacidade en núcleos de poboación de máis de 100 habitantes sen cobertura; redes de nova xeración (NGA) capaces de garantir capacidades de 100Mbps en núcleos de máis de 500 habitantes  e redes sen fíos nas zonas con máis dificultades de acceso á banda larga. Esta última actuación iniciouse en 22 concellos do sur de Lugo e cinco da Ribeira Sacra ourensá que, permitirán a máis de 28.000 habitantes, actualmente sen cobertura, ter acceso á rede.

Outra das accións fundamentais e a potenciación do operador público Retegal, que está a desenvolver un importante plan de reforzo das súas infraestruturas, que permitirá dotar á Comunidade dunha potente rede de telecomunicacións coa tecnoloxía máis avanzada en canto á capacidade de crecemento, calidade, posibilidades de evolución e maior velocidade de transporte.

Un comentario sobre “El plan de banda larga para proveer de acceso a Internet a todos los gallegos llega a su ecuador

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s