BNG: “Feijóo deja una Galicia donde solo creció el paro, la deuda y las desigualdades”

GALICIA HUNDIDA

PONTÓN: “FEIJOO DEIXA UNHA GALIZA ONDE SÓ MEDROU O PARO, A DÉBEDA  E AS DESIGUALDADES”

 

  • A portavoz parlamentaria acusa  ao Presidente da Xunta de protagonizar un dos “períodos máis negros” da historia democrática galega e  deixar a Galiza en recesión

 

Santiago de Compostela, 28 de agosto, 2012. A portavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón  acusou hoxe ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo de deixar a “Galiza con máis paro, menos servizos públicos, máis persoas sen ingresos e os sectores produtivos nunha situación límite”.

Na comparecencia ante os medios de comunicación para avaliar a xestión do Goberno galego, tralo anuncio do adianto eleitoral,   a nacionalista  afirmou  que  a solvencia  non se mide no déficit , “mídese na capacidade de xerar emprego, riqueza e benestar”,  e  dixo, que“Feijoo fracasou” e permanece instalado nun “triunfalismo estéril”.

Pontón referiuse á economía galega da que destacou a  súa  “situación crítica” no agro, na pesca e o naval, “xa van tres trimestres de descenso” e acusou ao Núñez Feijoo de ser  “incapaz” de facer fronte á crise económica, moi polo contrario, afirmou “tomou decisións que agravaron a situación”.

Neste sentido, para a deputada, o   Presidente da Xunta aceptou  un sistema de financiamento “inxusto e discriminatorio” , paralizou  o concurso eólico, “ coa  perda de miles de empregos” e foi “cómplice” da desaparición  das caixas galegas como único instrumento financeiro propio.

Pontón criticou que a pesar das promesas para investigar o acontecido nas caixas galegas, o Partido popular actuou de “tapón” para impedir que os galegos e galegas souberan a verdade.

Tres anos e medio de incumprimentos

A nacionalista tamén asegurou que Feijoo incumpriu as súas promesas electorais, “unha a unha”, como a de  iniciar a recuperación económica  e crear emprego, porque  en realidade, dixo  estamos en “recesión”.

Prometeu  blindar os servizos públicos, “hoxe temos menos profesores, máis listas de espera e Galiza está a cola en atención á dependencia”, engadiu.

Para Pontón, Núñez Feijoo instalou un “neocaciquismo” co  control férreo dos medios públicos de comunicación, convertendo  ao Parlamento galego “nun apéndice” do Goberno e do PP.

Ataques á cultura e lingua galega

No balance da xestión política do Goberno dirixido por Núñez Feijoo,  a nacionalista afirmou que por primeira vez na Historia da autonomía, un goberno prohibe o uso do galego en varias materias do ensino e mentres a nosa cultura esmorecía, “a Xunta destinaba miles de millóns ao Gaiás”, un proxecto, que naceu “fracaso” e que nesta lexislatura demostrou o seu “sinsentido”.

O BNG á altura das circunstancias

Ante esta realidade, manifestou o “BNG estivo ao lado do pobo, activo no Parlamento e coa sociedade”.

Pontón reiterou que a lexislatura, que agora remata, pasará á historia como un dos “períodos máis negros da etapa democrática” onde os recortes das liberdades, a destrución do tecido produtivo e o deterioro das condicións de vida dos traballadores e traballadoras, dos autónomos e  sociedade galega en xeral, forman o groso  do balance do Goberno presidido por Alberto Núñez Feijoo.

 

Un comentario sobre “BNG: “Feijóo deja una Galicia donde solo creció el paro, la deuda y las desigualdades”

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s