ECONOMÍA E INDUSTRIA REMITE A PYMAR O CONVENIO QUE PERMITIRÍA DESBLOQUEAR A REACTIVACIÓN DE FACTORÍAS VULCANO
Economía e Industria remite a Pymar el convenio que permitiría desbloquear la reactivación de Factorías Vulcano. El conselleiro Javier Guerra reiteró, al término de la reciente reunión con el comité de empresa y la dirección del astillero, las exigencias de la Xunta a Pymar y al gobierno central para que den «una respuesta inmediata en defensa de la firma». «Ya se ha perdido más de un mes», agregó.
- Javier Guerra reiterou, ao remate dun novo encontro co comité de empresa e a dirección do estaleiro vigués, a súa esixencia a Pymar e ao Goberno central para que den “unha resposta inmediata para actuar con urxencia en defensa da firma”
- O convenio, que foi entregado tanto á dirección como ao comité de empresa, “recolle nos mesmo termos e sen cambiar nada o compromiso xa coñecido, firme e irrevocable da Xunta de Galicia de facilitar un apoio financeiro de 16,7 millóns de euros para o remate do buque sísmico”
- Javier Guerra cualificou de “sorprendente” a reclamación de Pymar de implementar un convenio para apoiar ao estaleiro vigués, e sinalou que o seu departamento adiantouse á proposta da sociedade “enviando un convenio que estivemos agardando e non chegou, porque non podemos permitirnos perder máis tempo”
- O responsable autonómico denunciou que xa se “leva perdido máis dun mes, tempo no que a Xunta sempre mantivo a mesma postura de apoio irrevocable co futuro do estaleiro, do sector naval e do mantemento dos postos de traballo directos e indirectos”
Santiago, 5 de novembro de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria anunciou en Vigo que o seu departamento ven de remitir a Pymar a redacción do convenio que permitiría desbloquear de xeito definitivo a reactivación de Factorías Vulcano co apoio ao financiamento para o remate do buque sísmico 533. Javier Guerra fixo estas declaracións ao remate dun novo encontro coa dirección e o comité de empresa do estaleiro, e reiterou a súa esixencia a Pymar e ao Goberno central para que den “unha resposta inmediata para actuar con urxencia e defensa da firma”.
O conselleiro de Economía e Industria, que lamentou a actitude de Pymar, “sociedade que nunca nos dixo que facía falta un convenio para a reactivación de Factorías Vulcano nas reunións que mantivemos con eles”, apuntou que o convenio, que foi entregado tanto á dirección como ao comité de empresa, “recolle nos mesmo termos e sen cambiar nada o compromiso xa coñecido, firme e irrevocable da Xunta de Galicia de facilitar un apoio financeiro de 16,7 millóns de euros para o remate do buque sísmico”.
Javier Guerra cualificou de “sorprendente” a reclamación de Pymar de implementar un convenio para apoiar ao estaleiro vigués, e sinalou que o seu departamento adiantouse á proposta da sociedade “enviando un convenio que estivemos agardando e non chegou, porque non podemos permitirnos perder máis tempo”. O responsable autonómico denunciou que xa se “leva perdido máis dun mes, tempo no que a Xunta sempre mantivo a mesma postura de apoio irrevocable co futuro do estaleiro, do sector naval e do mantemento dos postos de traballo directos e indirectos”.
Por este motivo, o conselleiro de Economía e Industria reiterou hoxe a súa esixencia a Pymar e ao Ministerio de Industria para que demostren o seu compromiso “expreso, urxente e inmediato” coa reactivación do estaleiro Vulcano “porque non se pode perder nin un minuto máis na procura de financiamento para o remate dun buque, o sísmico 533, que é fundamental para o futuro de Factorías Vulcano”.
