Los empleados públicos gallegos tendrán su propio portal en pocos días, cortesía de la Xunta

A XUNTA PORÁ EN MARCHA O PORTAL DO EMPREGADO PÚBLICO PARA FACILITAR O ACCESO AOS SERVIZOS MÁIS HABITUAIS PARA OS PROFESIONAIS DA ADMINISTRACIÓN

 La Xunta pondrá en marcha el portal del empleado público para facilitar el acceso a los servicios más habituales para los profesionales de la administración. La entrada en funcionamiento del portal se engloba dentro de las actuaciones previstas en el Plan de Modernización de la Administración Pública

  • A entrada en funcionamento deste Portal intégrase nas actuacións do Plan de Modernización da Administración Pública 

 Santiago, 18 de outubro de 2010.- O Portal do Empregado Público (PORTAX), que entrará en funcionamento nos vindeiros días, ten como obxectivo ser a ferramenta que permita, de forma áxil, rápida e sinxela, acceder aos servizos máis habituais dispoñibles para os profesionais da Xunta de Galicia. Deste xeito, os empregados públicos da Administración poderán acceder desde un enlace na Intranet da Xunta á información do seu interese nun espazo que centraliza o acceso a todos os servizos de carácter interno á súa disposición.

Contidos e acceso

Os contidos e servizos do Portal están organizados en tres categorías, a de novas onde o empregado público pode acceder a noticias e información do seu interese; a de servizos destacados, na que terá acceso ao seu expediente persoal, á solicitude de permisos, licenzas e vacacións así como á consulta dos recibos de nómina; e por último a categoría de acceso a servizos e información sobre procesos de función pública como os procesos selectivos, a contratación temporal, concursos de traslados, entre outros.

 O empregado público poderá acceder ao Portax, de tres formas distintas, mediante certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT), con chave de acceso proporcionada pola Dirección Xeral da Función Publica (DXFP) e a través de chave de acceso facilitada pola Oficina Virtual da Consellería de Facenda (CIXTEX)

 Plan de Modernización

A entrada en funcionamento deste Portal intégrase nas actuacións do Plan de Modernización da Administración Pública, en concreto no programa de desenvolvemento de servizos para o empregado público. Este programa porá a disposición dos empregados públicos unha serie de recursos, ferramentas e aplicacións para contribuír á mellora do funcionamento da Administración Pública a través da modernización dos medios a disposición dos seus empregados. 

 O Plan de Modernización da Administración Pública da Xunta de Galicia, dotado con 26 millóns de euros ata o 2013, ten como obxectivo acadar o desenvolvemento da Administración electrónica estendendo o uso das tecnoloxías para ofertar novos servizos e mellorar os actuais, acelerando a tramitación de procedementos e facilitando a participación e a información da cidadanía en tempo real. As accións previstas para acadar o despregamento da Administración electrónica estrutúranse en catro eixos de actuación, 12 áreas de traballo e 33 programas.

 Adaptarase á evolución das novas tecnoloxías

A posta en marcha da eAdministración é unha actuación transversal que afecta a todos os departamentos e niveis da Xunta e están relacionadas con outras políticas como as de desenvolvemento das infraestruturas de telecomunicación ou as de impulso da sociedade da información. Os ámbitos de actuación do Plan de Modernización implican a simplificación dos procedementos e a interoperabilidade inter e intra administrativa, a dixitalización dos servizos e sistemas e a adopción de medidas transversais que redunden en beneficio dos cidadáns, as empresas e a propia administración, incluíndo aos propios empregados públicos e as entidades locais. 

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s