CULTURA E TURISMO, DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E CONCELLO DE GONDOMAR FORMALIZAN O ACORDO PARA A REFORMA DO CENTRO SOCIO CULTURAL QUE ACOLLERÁ A ESCOLA DE MÚSICA DE VINCIOS
La Xunta, la Diputación de Pontevedra y el concejo de Gondomar formalizan el acuerdo con vistas a la reforma del centro sociocultural que acogerá la escuela de música de Vincios. El presupuesto es de 325.000 euros.
- O conselleiro de Cultura e Turismo, o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e o alcalde de Gondomar asinaron o convenio de colaboración para a realización das obras de reforma e ampliación, cun orzamento de 325.000 euros
- Roberto Varela enmarcou a actuación no seu obxectivo prioritario como conselleiro de “traballar ao máximo para achegar a cultura a todos os recantos de Galicia e a cada un dos galegos”
Fotos: www.casaturismorural.com
Gondomar (Pontevedra), 17 de outubro de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde de Gondomar, Martín Urgal, formalizaron no concello pontevedrés o o convenio de colaboración entre as tres entidades que posibilitará a reforma dun centro socio cultural no que se ubicará a escola de música de Vincios.
No acto estivo presente ademais a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares.
As obras contan cun investimento de 325.000 euros, dos que a Consellería de Cultura e Turismo financiará un total de 100.000 euros. Desta contía, o 70% será sufragado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013.
Tras a sinatura do convenio, Roberto Varela enmarcou esta actuación no seu obxectivo prioritario como conselleiro de “traballar ao máximo para achegar a cultura a todos os recantos de Galicia e a cada un dos galegos”. Nese esforzo, “é precisa e fundamental a cooperación entre todas as institucións”, asegurou o conselleiro. Do mesmo xeito, Roberto Varela apuntou aos máis novos como “un dos focos primordiais do noso traballo de promoción e difusión da cultura”. “Na Xunta de Galicia temos moi en conta que o futuro da cultura galega está nas novas xeracións e, nese sentido, este centro socio cultural e a escola de música de Vincios que nel se ubicará son un bo exemplo”, sinalou.
Tanto a Xunta de Galicia como a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Gondomar son conscientes da necesidade de instalacións de carácter cultural que permitan unha adecuada oferta, a fin de asegurar o acceso á cultura en igualdade de condicións para todos os galegos e garantir que estas infraestruturas culturais sexan operativas e respondan ás demandas sociais da poboación. En virtude do convenio, a Deputación de Pontevedra será a encargada de levar a cabo todas as actuacións necesarias para a realización da obra e achegará ata un importe máximo de 224.906 euros. O Concello de Gondomar como titular da infraestrutura obxecto do convenio, ademais da posta a disposición do edificio, será o encargado da súa xestión unha vez rematada a inversión.
A colaboración por parte da Consellería de Cultura e Turismo coa Deputación e o Concello decídese seguindo criterios obxectivos tales como a poboación beneficiaria deste tipo de infraestruturas, non dispor de locais axeitados, a implicación por parte do Concello no desenrolo de actividades culturais ou a continuación de infraestruturas xa iniciadas. Con este acordo asegúranse, dentro das posibilidades do Goberno, os espazos necesarios para que poidan representarse as diversas manifestacións da cultura galega nun marco digno e adecuado ás necesidades reais dos nosos tempos.
A Consellería de Cultura e Turismo enmarca esta actuación na súa prioridade de garantir á poboación unha oferta cultural axeitada e adecuada. Deste modo, búscase conseguir unha implicación por parte da sociedade galega nos actos culturais. O Fondo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013 é un documento de programación comunitaria aprobado pola Comisión Europea que recolle a articulación da estratexia da Xunta relacionada con distintos eixes prioritarios de intervención. Nestes eixes establécense medidas dirixidas ao desenvolvemento sostible local e urbano, tales como a creación e mellora de infraestruturas culturais entre os que se atopan os centros culturais (casas culturais, auditorios ou centros socioculturais).
[…] Agricultura de Villaviciosa organiza un curso de adiestramiento de perros para el manejo de ganado La Xunta, la Diputación y el concejo de Gondomar firman el acuerdo para crear la Escuela de M&#… Las visitas al Parque de la Prehistoria de Teverga contarán con ayudas al transporte El […]
Me gustaMe gusta