La Xunta licita este mes el auditorio de Lugo por 20 millones

O titular do Goberno galego participou, esta tarde, na recepción que ofreceu o Concello con motivo do San Froilán – El titular del gobierno gallego participó esta tarde en la recepción que ofrecen en la capital lucense con motivo de San Froilán

FEIJÓO AVANZA QUE O CONSELLO DA XUNTA LICITARÁ O AUDITORIO DE LUGO NESTE MES DE SAN FROILÁN POR UN IMPORTE DE 20 MILLÓNS DE EUROS

El Consejo de la Xunta licitará este mismo mes el auditorio de Lugo por un importe de 20 millones de euros. También en esta localidad se pondrá en funcionamiento el nuevo hospital en las próximas semanas y se abrirá el polígono industrial urbano en menos de un año.

  •  Destaca a aposta do Goberno galego por Lugo coa posta en funcionamento do novo Hospital nas próximas semanas e coa apertura do polígono industrial urbano antes de que se celebre o próximo San Froilán
  • Define á cidade de Lugo como “a mellor representación da Galicia antiga e o mellor exemplo da Galicia moderna”, na que os galegos “poden ver o que eran e o que son”

Alberto Núñez Feijóo en San Froilán. Foto: Xoán Crespo.

 Lugo, 6 de outubro de 2010.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou o compromiso da Xunta co Auditorio de Lugo que, segundo anunciou, licitará o Consello da Xunta por un importe aproximado de 20 millóns de euros neste mes de outubro, no que se celebra a festividade San Froilán.

 Nunha recepción que ofreceu o Concello de Lugo con motivo das festas en honor do seu patrón, Núñez Feijóo tamén se comprometeu con outros grandes proxectos para a cidade das Murallas, como a posta en funcionamento do novo Hospital nas próximas semanas e a apertura do polígono industrial urbano antes de que se celebre o próximo San Froilán.

 Previamente, o presidente definiu a cidade de Lugo como “a mellor representación da Galicia antiga e o mellor exemplo da Galicia moderna, na que os galegos –dixo- poden ver o que eran e o que son”. “Poden ver –dixo- un pobo que peregrina desde os tempos máis remotos da historia, que atravesa etapas diferentes, que supera dificultades, que mestura culturas, que incorpora formas de vida, que se adapta ao curso da modernidade, e que finalmente chega aos tempos presentes pleno de vitalidade”.

 Para Feijóo, “Lugo aporta a madurez de quen ten vivido unha grandeza de moitos séculos, sen durmir en pasados laureis”. “No espello de Lugo, Galicia vese como un lugar onde non soamente se combinan paisaxes, senón tamén épocas, para formar un conxunto sen parangón no mundo”.

 O responsable do Executivo galego destacou que a muralla que vai cumprir o seu décimo aniversario como Patrimonio da Humanidade é todo un símbolo dos cambios que experimenta o noso país. “A muralla xa non pecha senón que xunta. Non defende aos lucenses de ninguén senón que atrae a alleos que gaban o espírito dos que a fixeron e a conservaron. A muralla xa non é testemuña dunha poboación que espera ataques hostís, senón a gran antesala dunha metrópole moderna, na que a moderna Galicia ten o seu principal alicerce”.

 Deste xeito, aseverou que Galicia enteira mira para esta cidade “con admiración polo voso pasado e o voso presente”. “Lugo sae ao exterior da súa muralla para ser unha das grandes urbes da Galicia moderna. Irradia cultura, espírito emprendedor e un galeguismo fondamente asentado na terra e nese humor cuxo segredo desentrañou Celestino Fernández de la Vega”, concluíu. 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s