El Proyecto Facts se reúne en Galicia para minimizar el cambio climático

O PROXECTO FACTS REÚNESE EN GALICIA PARA INTERCAMBIAR EXPERIENCIAS QUE MINIMICEN O IMPACTO DO CAMBIO CLIMÁTICO

 Máis de 30 expertos internacionais participan no seminario Economic Viability de FATCS
 A Consellería do Medio Rural participa nesta iniciativa europea cun proxecto piloto en Monte do Carrio (comarca do Deza) para reducir o impacto dos incendios forestais

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2011.- A iniciativa europea FACTS celebra, en Santiago de Compostela, unha reunión de traballo para intercambiar experiencias sobre os proxectos piloto de ordenación das producións sobre o territorio, co fin de minimizar o impacto do cambio climático. No seminario Economic Viability de FACTS, que se desenvolverá do 26 ao 28 de xaneiro, participarán máis de 30 expertos procedentes de Bulgaria, Bélxica, Holanda, Portugal e Italia.

Galicia é a única rexión española que participa en FACTS cun proxecto piloto que se desenvolve en Monte do Carrio (comarca do Deza, Pontevedra) e que coordina o departamento que dirixe Samuel Juárez. O proxecto piloto galego analizará as producións nunha zona con gran peso das actividades agrícola, gandeira e forestal co obxectivo de minimizar o impacto dos incendios forestais.

Durante as dúas primeiras xornadas de traballo os expertos compartirán os avances dos proxectos piloto de cada zona para, na última sesión, realizar unha visita ao programa piloto galego.

Organización do territorio fronte ao cambio climático
FACTS é un proxecto de cooperación internacional, financiado pola iniciativa Interreg IVC, que promove sinerxias entre as institucións locais e rexionais para desenvolver estratexias no territorio que minimicen o impacto do cambio climático (secas, inundacións, incendios…). O obxectivo é mellorar a resistencia do territorio e incrementar a súa capacidade de xerar riqueza.

Na actualidade, existen cinco proxectos piloto en marcha que abordan problemas coma as secas, as inundacións ou os incendios forestais. Este proxectos estanse a desenvolver en Srtofylia (Grecia), Varna (Bulgaria), Baixo Vouga Lagunar (Portugal), De Wijers (Bélgica) e Monte do Carrio (comarca do Deza, Pontevedra).

Durante 3 anos, os membros de FATCS compartirán experiencias, identificarán solucións conxuntas para, finalmente, difundir guías de boas prácticas que se compartirán a nivel europeo.

2 comentarios sobre “El Proyecto Facts se reúne en Galicia para minimizar el cambio climático

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s