El conselleiro de Educación visita las obras de mejora del Ceip Sada que costaron 175.000 euros

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O CONSELLEIRO VISITA O CEIP SADA Y SUS CONTORNOS TRAS AS OBRAS DE MELLORA DESENVOLVIDAS POR VALOR DE 175.000 EUROS

 Xesús Vázquez Abad recordou que grazas a estes traballos, os escolares teñen agora un centro nas mellores condicións
 Deste xeito deuse resposta a unha demanda histórica da comunidade educativa deste centro
 Previamente o conselleiro acompañado polo delegado da Xunta en A Coruña, Diego Calvo, visitou o centro Aspanaes de Ferrol

A Coruña, 25 de xaneiro de 2011.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, percorreu esta mañá as instalacións do CEIP Sada y sus contornos, onde puido comprobar de primeira man o resultado das obras de mellora acometidas por importe de 175.000 euros. Durante a visita estivo acompañado polo delegado da Xunta na Coruña, Diego Calvo; pola xefa territorial de Educación na provincia, María Teresa Villaverde Pais; e polo director do centro, Miguel Ángel Gayoso Barreiro.

As obras realizadas desde o verán e ata o mes de novembro foron as relativas á substitución da estrutura do teito e dos canlóns, así como á construción dos taboleiros e listóns que forman os faldóns. Ademais, cambiouse o illamento térmico baixo a cuberta, substituíuse esta por outra de tella cerámica e os paneis do falso teito e perfís que o soportan.

Cómpre recordar que estas melloras deron resposta a unha demanda da comunidade escolar, cumprindo cunha promesa que o anterior goberno non foi quen de materializar e facer realidade.

Visita a Aspanaes
Antes de visitar o CEIP Sada y sus contornos o conselleiro estivo no centro da Asociación de Pais de Persoas con trastorno do espectro autista (Aspanaes), en Ferrol, xunto ao delegado da Xunta, a xefa territorial territorial de Educación e a directora xerente do centro, María Teresa Tiemblo Marsal. Todos eles estiveron a percorrer as instalacións e a comprobar in situ o descorrer da rutina diaria do recinto educativo.
No centro de Aspanaes Ferrol os estudantes son atendidos por profesores especializados en Pedagoxía Terapéutica. Ademais contan con atención específica e individualizada en Terapia da Linguaxe con mestres en Audición e Linguaxe, e con Auxiliares Técnicos Educativos que lles axudan a desenvolver habilidades de autonomía persoal. O colexio tamén ten un membro do equipo psicopedagóxico, responsable do seguimento da evolución del alumnado e do asesoramento técnico a profesionais e familias.
Con estas visitas a Administración dá unha nova mostra pola súa preocupación pola situación e estado de todos os centros educativos. Deste xeito durante a súa visita o conselleiro tamén lembrou o esforzo que a Xunta de Galicia está a facer para manter os centros de ensino galegos nas mellores condicións, velando pola seguridade e benestar de toda a comunidade educativa malia á crise económica que afecta a todos os sectores da sociedade. Deste modo, destacou o importante esforzo que se está a realizar na Coruña, onde no 2010 se investiron 16 millóns de euros en obras de melloras en centros educativos, dos que 3,5 foron para a cidade da Coruña e a súa área metropolitana.

Un comentario sobre “El conselleiro de Educación visita las obras de mejora del Ceip Sada que costaron 175.000 euros

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s