La película ‘Crebinsky’, patrocinada por el Xacobeo 2010, se estrena en el Festival de Cine de Corea

A PELÍCULA CREBINSKY, PATROCINADA POR  XACOBEO 2010, ESTREARASE NO FESTIVAL DE CINE DE COREA

La película ‘Crebinsky’, patrocinada por el Xacobeo 2010, se estrena en el Festival de Cine de Corea

 

  • O filme, dirixido por Enrique Otero, será a única produción española a competición neste certame, un dos máis importantes de Asia. Participa na sección ‘Flash Forward’, que elixe a mellor película novel non asiática.
  • A película continúa a súa xira Universo Crebinsky. O espectáculo formado por pasarrúas, proxección e concerto estará o 3 de outubro en Ourense, o 6 en Lugo e o 23 en Pontevedra.

 

Santiago, 30 de setembro de 2010.- A próxima semana a película Crebinsky, unha produción galega dirixida por Enrique Otero e patrocinada por Xacobeo 2010, estrearase internacionalmente o 9 de outubro en Corea do Sur, dentro da programación do Pusan International Film Festival. O certame, que se celebra do 7 ao 15 de outubro, elixiuna como a única película española a competición nun dos certames máis importantes do mercado asiático.

 Crebinsky competirá na sección Flash Forward, unha das tres seccións competitivas do festival e a única aberta a películas de fóra de Asia. O festival presenta esta sección como “unha colección ecléctica de primeiras ou segundas películas de novos realizadores, que busca descubrir cineastas de fóra do continente asiático”. O filme galego competirá con outras dez cintas chegadas de Italia, Canadá, Alemaña, Bélxica, Suecia, Dinamarca ou Australia. A estrea terá lugar o 9 de outubro ás 16:30 h. (hora local) no CGV Centum City 1.

Á estrea internacional en Corea acudirán tres dos impulsores do filme: Enrique Otero, director, guionista e produtor; Miguel de Lira, actor, guionista e produtor; e Farruco Castromán, actor e produtor. Enrique Otero destaca a importancia de que a película fose seleccionada neste certame. “O Festival de Pusan é a porta de entrada do cine europeo en Asia, polo que me sinto moi orgulloso de que a nosa sexa a única película española escollida para competir nun ano no que hai boas películas”. No marco do festival celébrase o Asian Film Market, o maior mercado cinematográfico de Asia.

 Crebinsky inicia así o seu periplo por festivais internacionais. O filme foi seleccionado tamén para participar na 34ª Mostra Internacional de Cinema de São Paulo (http://www.mostra.org/) e intenta agora entrar na selección do próximo festival de Sundance, a cita de referencia do cine independente.

 Universo Crebinsky en Ourense, Lugo e Pontevedra

Ademais de Corea, a película poderá verse este mes de outubro en tres cidades galegas, dentro da xira do espectáculo Universo Crebinsky, patrocinada por Xacobeo 2010. Nesta xira o protagonismo repártese entre música e cine, nun formato novidoso que inclúe un pasarrúas, a proxección do filme e un concerto a cargo da Banda Crebinsky, autores da banda sonora.

 Universo Crebinsky chega este domingo 3 de outubro a Ourense. Dentro da programación do Festival Internacional de Cine de Ourense, o Auditorio Municipal acollerá ás 18 horas a proxección e o concerto, precedido dun pasarrúas ás 13.30 h polo centro da cidade.

 O mércores 6 de outubro o espectáculo preséntase en Lugo, no marco das Festas de San Froilán. Un pasarrúas sairá de Campo Castelo ás 20 h e chegará ao Auditorio da Facultade de Veterinaria, onde ás 21.30 h arrancarán a proxección e o concerto.

 A última cita de Universo Crebinsky en outubro terá lugar o sábado 23 no Teatro Principal de Pontevedra. Con anterioridade o espectáculo púidose ver en Ortigueira, Ribadeo e A Coruña.

 Crebinsky: a película

Crebinsky é unha das películas máis esperadas do ano en Galicia. Unha longametraxe rodada en catro idiomas que conta a singular aventura de dous irmáns que inician unha busca desesperada na que rematan por atopar o que menos esperan. Definida polos seus creadores Enrique Otero e Miguel de Lira como “realismo fantasioso”, constitúe unha persoal e delirante historia que destila un humor entrañable.

 As tribulacións dos irmáns Crebinsky acaban por envolvernos e emocionarnos nesta peza na que se conxugan unha exquisita fotografía, unha coidada ambientación e unha delicada banda sonora. A película, protagonizada por Miguel de Lira e Sergio Zearreta, conta cun elenco de luxo formado por Luis Tosar, Celo Bugallo, Patricia de Lorenzo e Farruco Castromán entre outros.

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s