La Xunta mejorará la seguridad vial de 4 carreteras de Ourense

MEDIO AMBIENTE INICIARÁ AS OBRAS DE MELLORA DA SEGURIDADE VIAL DE CATRO ESTRADAS NA PROVINCIA DE OURENSE, NA SEGUNDA QUINCENA DESTE MES DE OUTUBRO

Medio Ambiente iniciará las obras de mejora de la seguridad vial en cuatro carreteras de la provincia de Ourense, a partir de la segunda quincena de este mes de octubre. Las vías donde se va a trabajar son A Ibia-Barcia, Valdepereira-Gomariz, Ribadavia-A Ibia, y Ribadavia-Val de Pereira.

  •  As estradas obxecto do proxecto son a que conecta A Ibia con Barcia (OU- 205), a estrada Valdepereira- Gomariz (OU- 211), a estrada Ribadavia- A Ibia (OU- 405) e Ribadavia- Val de Pereira (OU- 406)
  • O obxectivo das obras é a adaptación do trazado destas estradas ao Plan de Baixa Intensidade Media Diaria (IMD)
  • A lonxitude do tramo a adaptar é de 12,63 quilómetros e non implicará ningún proceso de expropiación

 

Santiago, 4 de outubro de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciará, na segunda quincena deste mes de outubro, as obras de mellora da seguridade vial de catro estradas de Ourense: a que conecta A Ibia con Barcia (OU-205), a que vai de Valdepereira a Gomariz (OU-211), a estrada Ribadavia- A Ibia (OU-405) e a estrada Ribadavia- Val de Pereira (OU-406), que supoñen un total de 12,63 quilómetros. O pasado 1 de setembro adxudicáronse as obras, por un valor de 2.003.703,13 euros, á empresa Arias Hermanos Construcciones S.A.

 O obxectivo do proxecto é a adaptación do trazado destas estradas ao Plan de Baixa Intensidade Media Diaria (IMD). Preténdese con isto mellorar as condicións de seguridade e transitabilidade destas estradas, pero sen afectar ao seu trazado. Tratarase de ensanchar a plataforma o máximo posible dentro do dominio público dispoñible, chegando a pavimentar un máximo de 8 metros.

 A adaptación das estradas mencionadas beneficiará aos veciños dos concellos de Melón, Cenlle e Ribadavia, polo que darán servizo a un total de 8.448 habitantes.

 Traballos a realizar

Para levar a cabo estas obras, que non implicarán ningún proceso de expropiación, escavaranse 76.892 metros cúbicos de terra e empregaranse 19.645 toneladas de mestura asfáltica en quente. Ademais, procederase á urbanización e reposición de servizos públicos e colocarase drenaxe lonxitudinal e transversal; prestarase atención á sinalización e ao balizamento, poñendo ollos de gato nas bermas, paneis direccionais nas curvas perigosas e barreira semiríxidas nas zonas que sexa preciso.

 As novas estradas contarán con dous carrís de 3 metros cada un e dúas bermas e beiravías de 250 milímetros cada unha. Tamén se executarán cunetas de 1,25 m que terán a dobre función de recollida de augas e de sobreancho practicable.

 O prazo de execución establecido é de 12 meses.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s