Doce mil personas visitaron la Ciudad de la Cultura gallega en los primeros días en que se abrió parcialmente al público mientras la Xunta pide mejores accesos a Madrid

A alegación realizada pola Xunta na fase de información pública da ampliación da autoestrada non foi tida en conta nin contestada

HERNÁNDEZ LEMBRA QUE A XUNTA SOLICITOU OFICIALMENTE ATA EN CATRO OCASIÓNS AO MINISTERIO DE FOMENTO A CONEXIÓN DA CIDADE DA CULTURA COA AP-9

 A Conexión conta coa oportuna autorización do Ministerio dende o 15 de abril de 2004

Santiago, 15 de xaneiro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, insistiu hoxe en que a conexión da AP-9 coa Cidade da Cultura é prioritaria para Galicia co obxectivo de dotar a esta instalación duns accesos axeitados.

Neste sentido, lembrou que existe unha autorización do Ministerio dende o 15 de abril do 2004 para realizar dita conexión, que non se levou a cabo ata o de agora á espera da execución do terceiro carril da AP-9.

“Dende principios do ano 2009 a Xunta de Galicia ten reiterado en repetidas ocasións a Fomento que contemple e teña en conta esa conexión na ampliación da AP-9. Así mesmo, en maio de 2010 o presidente da Xunta reiterou a devandita solicitude a través dunha carta ao ministro. A pesares diso, o ministerio non a contemplou no proxecto”, lembrou Hernández.

O conselleiro engadiu que a Xunta de Galicia presentou unha alegación en tempo e forma para que os accesos á Cidade da Cultura foran incluídos no proxecto, alegación que tampouco foi tida en conta nin foi contestada.

Posteriormente, o propio Hernández remitiu ao ministro de Fomento unha carta na que lle pedía que interviñera nesta cuestión para permitir o devandito acceso, carta que tampouco foi respondida.

Por último, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, enviou unha nova misiva a José Blanco o pasado 11 de xaneiro, con motivo da inauguración dos primeiros edificios da Cidade da Cultura, reiterándolle a petición.

O responsable de Obras Públicas do Goberno galego manifestou que a Xunta “ten a esperanza de que o Ministerio de Fomento será sensible con esta solicitude porque é xusta, necesaria e imprescindible para dotar á este proxecto emblemático duns accesos axeitados”.

DOCE MIL PERSOAS VISITARON A CIDADE DA CULTURA DE GALICIA NOS SEIS
PRIMEIROS DIAS DE APERTURA AO PÚBLICO

Doce mil personas visitaron la Ciudad de la Cultura de Galicia en los seis primeros días de apertura al público. Según la Xunta, la afluencia de visitantes durante el fin de semana pasado obligó a duplicar el número de grupos de visitas guiadas.
Leer más Doce mil personas visitaron la Ciudad de la Cultura gallega en los primeros días en que se abrió parcialmente al público mientras la Xunta pide mejores accesos a Madrid

Luis Eduardo Aute ofrece un recital de poesía en Navia

El cantautor Luis Eduardo Aute ofrecerá el próximo sábado, día 8 de enero, un recital de poesía en el restaurante La Kabaña de La Colorada, en Navia. Esta actividad, organizada por la Concejalía de Cultura, supondrá el broche de oro del acto de entrega de premios a los ganadores del XII Certamen Literario Villa de Navia y el IX Certamen Poético Ramón de Campoamor.… Leer más Luis Eduardo Aute ofrece un recital de poesía en Navia

Se presenta la primera antología de la literatura gallega con textos desde la época medieval hasta nuestros días

A LITERATURA GALEGA CONTA COA PRIMEIRA ANTOLOXÍA DESDE A IDADE MEDIA ATA 2010, UNHA EDICIÓN BILINGÜE GALEGO-INGLÉS

La literatura gallega cuenta con su primera antología desde la Edad Media hasta 2010, una edición bilingüe en gallego e inglés. Su título es Breogán’s Lighthouse (El Faro de Breogán), una obra que incluye 150 autores y 285 textos en gallego y también traducidos al inglés.
Leer más Se presenta la primera antología de la literatura gallega con textos desde la época medieval hasta nuestros días