Doce mil personas visitaron la Ciudad de la Cultura gallega en los primeros días en que se abrió parcialmente al público mientras la Xunta pide mejores accesos a Madrid

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

DOCE MIL PERSOAS VISITARON A CIDADE DA CULTURA DE GALICIA NOS SEIS PRIMEIROS DIAS DE APERTURA AO PÚBLICO

 Doce mil personas visitaron la Ciudad de la Cultura de Galicia en los seis primeros días de apertura al público. Según la Xunta, la afluencia de visitantes durante el fin de semana pasado obligó a duplicar el número de grupos de visitas guiadas.

  • A afluencia de visitantes durante a fin de semana obrigou a duplicar o número de grupos de visitas guiadas.
  • A cifra de doce mil visitantes supón que en seis días a Cidade da Cultura de Galicia recibiu tantos visitantes como durante todo o ano pasado.

 VER NOTICIA RELACIONADA DE SU INAUGURACIÓN

Santiago, 17 de xaneiro de 2011.- Doce mil persoas achegáronse a coñecer a Cidade da Cultura de Galicia dende a cerimonia oficial de inauguración da Biblioteca e do Arquivo de Galicia o 11 de xaneiro. A interese que esperta o complexo deseñado por Peter Eisenman no monte Gaiás fixo que o sábado e o domingo se rexistrase unha enorme afluencia de visitantes, ata o punto de que foi preciso dobrar o número de visitas guiadas para poder atender a demanda.

 

 A cifra de doce mil persoas supón que en seis días visitou a Cidade da Cultura de Galicia case tan xente como ao longo de todo o 2010, cando o único xeito de acceder era inscribíndose no Programa de Visitas Guiadas ás Obras. Dende o 11 de xaneiro, a parte rematada do complexo está aberta ao público de 8 a 20 todos os día da semana (horarios de visitas e acceso ás exposicións en www.cidadedacultura.es).

 

A meirande parte das persoas que se achegaron o sábado e o domingo foron cidadáns que viñeron de xeito individual, a pé, no seu propio vehículo ou nos autobuses urbanos que comunican a Cidade da Cultura con Santiago.

 

Mais alá da interese en coñecer a Biblioteca e o Arquivo de Galicia, así como as tres exposicións que están en marcha (“Peter Eisenman. A Cidade”, “Espazos propios” de Candida Höfer e “Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia”) a praza e área urbanizada ao redor dos dous edifcios inaugurados converteuse nun destino non so para os amantes de arquitectura, senón tamén nun espazo de ocio para moitas familias con nenos, ciclistas ou afeccionados á fotografía. Para facer mais agradable a súa visita houbo tamén un conxunto de música na Biblioteca de Galicia.

 

A fin de semana recibíronse tamén visitas de grupos organizados de estudantes, interesados en coñecer en profundidade o contido da exposición “Exlibris Galleciae. Dos libros de Galicia”, que conta cun servizo especial de visitas didácticas con guías e material específico.

 

Ademais, o sábado a Biblioteca de Galicia acolleu a primeira sesión do ciclo literario “Galicia, ceo das letras”, dedicada a Rosalía de Castro, na que participaron cento cincuenta persoas, cunha ampla representación das institucións culturais galegas. A sesión contou cun recital musicado a cargo de “Casa Hamlet”. Este ciclo continuará o próximo 29 de xaneiro, cunha sesión dedicada a Manuel Antonio.

A alegación realizada pola Xunta na fase de información pública da ampliación da autoestrada  non foi tida en conta nin contestada

 El conselleiro de Infraestructuras insiste en que la Xunta solicitó oficialmente al Ministerio de Fomento, hasta en cuatro ocasiones, la conexión de la Ciudad de la Cultura con la autovía AP-9 sin resultados.

Hernández lembra que a Xunta solicitou oficialmente ata en catro ocasións ao Ministerio de Fomento a conexión da Cidade da Cultura coa AP-9

 

  • A conexión conta coa oportuna autorización do Ministerio  dende o 15 de abril de 2004

 

Santiago, 15 de xaneiro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, insistiu  en que a conexión da AP-9 coa Cidade da Cultura é prioritaria para Galicia co obxectivo de dotar a esta instalación duns accesos axeitados.

 

Neste sentido, lembrou que existe unha autorización do Ministerio dende o 15 de abril do 2004 para realizar dita conexión, que non se levou a cabo ata o de agora á espera da execución do terceiro carril da  AP-9.

 

“Dende principios do ano 2009 a Xunta de Galicia ten reiterado en repetidas ocasións a Fomento que contemple e teña en conta esa conexión na ampliación da AP-9. Así mesmo, en maio de 2010  o presidente da Xunta reiterou a devandita solicitude a través dunha carta ao ministro. A pesares diso, o ministerio non a contemplou no proxecto”, lembrou Hernández.

 

O conselleiro engadiu que a Xunta de Galicia presentou unha alegación en tempo e forma para que os accesos á Cidade da Cultura foran incluídos no proxecto, alegación que tampouco foi tida en conta nin foi contestada.

 

Posteriormente, o propio Hernández remitiu ao ministro de Fomento unha carta na que lle pedía que interviñera nesta cuestión para permitir o devandito acceso, carta que tampouco foi respondida.

 

Por último, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, enviou unha nova misiva a José Blanco o pasado 11 de xaneiro, con motivo da inauguración dos primeiros edificios da Cidade da Cultura,  reiterándolle a petición.

 

O responsable de Obras Públicas do Goberno galego manifestou que a Xunta “ten a esperanza de que o Ministerio de Fomento será sensible con esta solicitude porque é xusta, necesaria e imprescindible para dotar á este proxecto emblemático duns accesos axeitados”.

Anuncios

2 comentarios sobre “Doce mil personas visitaron la Ciudad de la Cultura gallega en los primeros días en que se abrió parcialmente al público mientras la Xunta pide mejores accesos a Madrid

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s