ADEGA apremia a Xunta para declarar o BIC Cova Eirós

Lugo, a 20 de febreiro de 2019.- A resolución da Consellaría de Cultura do 10 de abril de 2017, pola que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia iniciou o expediente de declaración de Cova Eirós como Ben de Interese Cultural (BIC), establece desde a devandita data un prazo de 24 meses para a súa resolución definitiva. Así pois, o vindeiro 10 de abril remataría o prazo máximo legal para que a Xunta declare de forma definitiva a Cova Eirós como BIC.
Sen embargo, a poucas semanas de que venza este prazo, ADEGA non ten noticia, pese a ser requirida insistentemente diante da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, de se a Xunta vai cumprir coa súa obriga e resolver en tempo o expediente. ADEGA tamén descoñece se o departamento de Cultura acolleu finalmente as achegas ao expediente presentadas pola asociación ecoloxista o pasado 2 de xuño de 2017, nas que se reclamaba, entre outras cuestións, o estudo e protección doutras covas do mesmo conxunto arqueolóxico, aumentar a 200 metros a área de
protección integral do xacemento e a restauración do teito vexetal orixinal da cova que foi destruído pola empresa Cementos Cosmos en 2014, coa conivencia da Xunta de Galicia.
Aínda a día de hoxe, a integridade e estabilidade da Cova atópase en risco, ao estar situada en terreos da canteira de Cementos Cosmos e, por tanto, sometida á continua presión da actividade mineiro-extractiva. É por iso que a declaración de Cova Eirós como BIC debe ser inminente.
Permitiría establecer zonas núcleo de protección integral e zonas de amortecemento que favorecesen a preservación do ben e da súa contorna fronte a actividade mineira e outras actividades humanas agresivas co territorio, así como determinar as obrigadas medidas de cautela que evitasen o seu deterioro e que favorecesen a recuperación e protección dos seus valores ambientais, arqueolóxicos, paleontolóxicos, patrimoniais e artísticos. Cabe lembrar, ademais, que a normativa vixente obriga á administración pública a conferirlle a Cova Eirós de forma automática o rango de BIC por conter no seu interior gravados e pinturas rupestres.
Malia a todo, ADEGA teme que a Xunta faga primar os intereses da canteira, que pretende extraer de alí a calcita de maior calidade, e deixe caducar o prazo de resolución de BIC. Isto deixaría a Cova Eirós sen a protección cautelar e provisional da que goza actualmente (durante a tramitación do expediente BIC) e condenaría o xacemento a permanecer durante outros dous anos, cando menos, sen a protección como ben de interese cultural (a lei impide que antes de dous anos se incoe un novo procedemento BIC, unha vez teña caducado o primeiro).
Para ADEGA non cabería ningún tipo de xustificación que sostivese tal desleixo e despreocupación por parte da Consellaría de Cultura e do goberno galego, xa que Cova Eirós é un dos bens patrimoniais máis importantes, non só de Galiza, senón de toda a humanidade. Por tanto, no caso de que a Xunta deixe expirar o prazo para a declaración definitiva, ADEGA adoptará as medidas legais que sexan necesarias para facer efectiva a protección da Cova Eirós como BIC, como xa fixera no seu momento para forzar a incoación do expediente BIC. Tampouco descarta recorrer aos xulgados do penal para dirimir presuntas responsabilidades na deixazón de funcións públicas ou contra o
patrimonio cultural.
  • NOVAS COVAS A PROTEXER DENTRO DO BIC
    A estas alturas existen suficientes evidencias técnicocientíficas para concluír que Cova Eirós é
    merecente do maior grado de protección cultural que pode outorgar a Xunta. No seu interior e na
    súa contorna gárdanse as pegadas da humanidade primixenia, con restos de lumes de máis de
    180.000 anos e pinturas rupestres datadas en máis de 9.000 anos, sendo a primeira cova de Galiza
    na que se atoparon manifestacións rupestres. Por ela pasaron os humanos do Neandertal e os
    primeiros Cromagnon da Península Ibérica, sendo utilizada case sen interrupción ata os anos 50 do
    século pasado, e gardando incluso restos pictóricos da Idade Media (s. XII).
    Pero, alén dos seus valores xa coñecidos, ADEGA n de saber da existencia doutras 10 covas que
    se atopan nos terreos propiedade da canteira Cementos Cosmos e na área delimitada do BIC, das
    que 7 estarían dentro do perímetro de protección integral. Este dato, fornecido pola empresa matriz
    da canteira, a multinacional Votorantim, imprime aínda maior valor ao conxunto arqueolóxico da
    zona a protexer, que se complementa con outras dúas covas, as da Cabaxa e Graxeira, incluídas no
    Inventario de Xacementos Arqueolóxicos de Galiza. Neste senso, ADEGA xa solicitou á Consellaría
    de Cultura que procurase o inventario e catalogación destas novas cavidades, así como a súa
    protección dentro do BIC.
    Así mesmo, a Cova Eirós tórnase nestes momentos nun elemento de especial interese científico
    sobre as orixes da humanidade e dos primeiros poboadores de Galiza, xa que veñen de ser
    publicadas as recentes descubertas sobre o xenoma da poboación galega polo Doutor Anxo
    Carracedo da Universidade de Santiago, en colaboración coa Universidade de Oxford .¹
    .
    ¹ https://www.nature.com/articles/s41467-018-08272-w#disqus_thread
Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s