Folga indefinida urxencias CHUS

CIG-SAÚDE COMPOSTELA. 

Na reunión mantida no día de hoxe entre o Comité de Folga do Servizo de Urxencias do CHUS e a Xerencia, nunha primeira toma de contacto, a Xerencia oferta un incremento de persoal que está moi lonxe das demandas feitas polos traballadores/as do Servizo e pendente de concreción no plan funcional.

Ao recoñeceren que o plan funcional implantado ata o de agora non é viable, debido a escaseza de persoal, comprometéronse a elaborar un novo plan, para o cal facilitarían a participación dos/as traballadores/as.

Non chegando a acordo entre as partes, vémonos na obriga de manter a convocatoria de folga e as reivindicacións iniciais que consideramos imprescindibles.

É importante chegar a un acordo que dote orzamentariamente de cadro de persoal suficiente para todas as categorías ( médicos, enfermeiras, TCAEs e celadores ) e que permita dar unha asistencia sanitaria de calidade que evite o colapso que esta a sufrir o servizo de urxencias, dotando de protocolos de traballo axeitados para que os pacientes acumulados neste servizo, sexan ingresados a maior brevidade posible e por outra banda, que os que están esperando ser vistos por un especialista sexan atendidos no menor tempo posible.

Dende a Comisión de Centro fixemos entrega, dunha solicitude de reunión cos grupos parlamentarios con representación no Parlamento de Galicia ( P.P., PSOE, EN MAREA e BNG) para trasladar aos parlamentarios a situación que se esta vivir no servizo de urxencias do CHUS e intentar buscar unha solución.

Dende a Comité de folga da Comisión de Centro convidase a todos os traballadores a que participen activamente na folga indefinida convocada para o luns dende ás 08:00 ata o xoves ás 08:00 hs.

Compostela a 8 de novembro do 2018.

Anuncio publicitario

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s