ADEGA solicita da Xunta a posta en marcha inmediata dun protocolo de manexo preventivo para explotacións gandeiras afectadas polo lobo

Nun escrito remitido á Dirección Xeral de Patrimonio Natural pedimos que a administración dispoña con urxencia un protocolo de medidas preventivas, dotado cos recursos suficientes para contrarrestar o impacto atribiíbel ao lobo nas as ganderías afectadas.

Lembramoss que durante este ano 2018 a Xunta non convocou axudas para prevención, alén de anunciar que non as convocará!!
Nun ano no que con cargo ao erario público elaboráronse dous extensos informes para diagnosticar os métodos preventivos e a conveniencia da súa aplicación, non se entende que tendo identificadas as posibles solucións non se habilite unha partida orzamentaria suficiente para poñer en marcha as medidas de manexo preventivo.

Paralelamente, dende ADEGA solicitamos que a Xunta realice auditorías de avaliación das explotacións gandeiras que anunciaron posibles peches da súa actividade a causa do lobo, dada a relevancia destas noticias á hora de planificar medidas na protección do lobo.
Das conclusións destas auditorías podería clarificarse por que algunhas explotacións están padecendo moitos máis danos, e dun xeiro recorrente, que outras.
Permitirían tamén adoitar medidas e solucións máis axeitadas para o manexo preventivo na liña de favorecer modelos de coexistencia e ou convivencia entre a gandería e o lobo.
Ss das conclusións destas auditorías demóstrarse que o lobo está condicionando dalgún xeiro a viabilidade destas explotacións, solicitamos da Xunta que proceda coa maior celeridade a abordar as medidas de pago indemnizatorio e compensatorio que resulten proporcionais ás perdas ocasionadas.

As axudas anuais para indemnizar danos, así como as partidas para medidas de manexo preventivo, deben manterse de maneira continuada no tempo e con partidas orzamentarias máis elevadas do que se vén facendo, acurtando ademais ao máximo os prazos de tramitación e resolución.
Non menos impostante é investir en actuacións de sensibilización que favorezan modelos de coexistencia entre lobo e gandería que fagan ver a importancia de corresponsabilización das explotacións para adoitar medidas preventivas e de manexo.

No eido da co-responsabilidade, a Xunta debería atender con sensibilidade e inmediatez esta problemática, detectando e identificando os casos de malas praxes por parte dalgunhas explotacións que se negan a adoitar calquera tipo de medida. ADEGA lembra que durante o mes de agosto unha explotación anunciou nos medios o seu peche por causa do lobo, e logo de termos solicitada información pormenorizada á administración, no referido as actuacións para demandar axudas por medidas preventivas ou pagos por danos, concluiuse que eran outras causas ben diferentes do lobo, as que propiciaban que a explotación fora insustentábel economicamente.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s