La CIG demanda que se investigue la actuación y el papel de los supervisores (Banco de España, CNMV) y Ministerio de Economía en la crisis del Banco Popular Pastor

Denuncian que el rescate bancario español fue “excesivamente caro e ineficiente”. La caída de la sexta entidad del Estado y segunda en Galicia demuestra que los problemas persisten y no están resueltos, en concreto el impacto de los activos tóxicos. NADA HA CAMBIADO.

También llama poderosamente la atención la FALTA DE ACTUACIÓN DEL SUPERVISOR. Especialmente grave parece la falta de actuación del BANCO DE ESPAÑA, más preocupado por impulsar recortes sociales y laborales que por vigilar la buena marcha del sistema financiero.

LA TARDANZA EN LA TOMA DE PEDIDAS ACRECENTARÁ EL COSTE PARA EL ERARIO PÚBLICO. Porque los ciudadanos no nos vamos a ir de rositas. El Banco Santander recibirá ayudas públicas encubiertas, a través de la exención de impuestos futura, que se hace con créditos fiscales. ¿Quién paga la fiesta en la que no tomamos parte? Usted, yo, y el de más allá.

 

Crónica dunha morte anunciada

 

A CIG demanda que se investigue a actuación e o papel dos supervisores (Banco de España e CNMV) e do Ministerio de Economía na crise do Banco Popular Pastor.

Ao longo dos últimos anos, dende a CIG vimos denunciando que o rescate bancario español foi excesivamente caro e ineficiente. A caída da 6º entidade do Estado, a segunda en Galiza, demostra que os problemas persisten e non están resoltos na banca do Estado español, nomeadamente o impacto dos activos tóxicos, ao tempo que poñen en evidencia que a nova lexislación baseada no deixar facer dogmático neoliberal, non mudou os escenarios.

Unha vez máis, a parálise e o deixar facer dos organismos supervisores sitúa ao sector financeiro español no ollo do furacán. Na caída do Banco Popular, a crónica dunha morte anunciada, repetíronse os mesmos esquemas das crises de Bankia ou das Caixas Galegas.

Uns xestores, neste caso o equipo de Ángel Ron, que leva á ruína a entidade; que realiza emisións que son colocadas en tramo minorista (co visto bo dos supervisores e do Ministerio de Economía) para gañar tempo; e que, finalmente, marcha con indemnizacións millonarias deixando a entidade á valga.

Tamén chama poderosamente a atención a falta de actuación do supervisor, fronte aos ataques en bolsa que facilitaron a compra da entidade por 1 só euro. Á vista dos feitos, tivera sido lóxica unha suspensión da cotización en bolsa que evitara o achatarramento e desvalorización da entidade, coas conseguintes perdas para as persoas con accións ou outro tipo de valores, entre as que se encontran os propios traballadores e traballadoras.

Dende a CIG entendemos que hai que investigar o que aconteceu no pasado no sector financeiro, pero a caída do Banco Popular pon en evidencia erros e carencias que deberían levar a unha investigación da actuación por parte dos organismos supervisores. Especialmente grave semella a actuación do Banco de España que, como no pasado, semella máis preocupado por impulsar recortes sociais e laborais que por vixiar a boa marcha do sistema financeiro. Neste senso reclamamos a dimisión inmediata do actual Gobernador Luis María Linde.

É importante lembrar que a tardanza na toma de medidas acrecentará o custe para o erario público. O Banco Santander recibirá axudas públicas encubertas a través da futura exención de impostos a través dos cretos fiscais.

Esta falta de intervención por parte dos organismos reguladores, que levou ao Banco Popular a prezo de derribo, pode agravar o custe da caída da entidade tamén en materia de emprego. Malia que a priori, a fortaleza do Banco Pastor en Galiza debería minimizar o impacto. Parece lóxico que a Dirección do Banco Santander actúe dun xeito racional mantendo unha rede saneada, cun gran equipo de traballadores e traballadoras, e que achegará ao banco un volume de negocio que dificilmente tivese podido acadar o Santander por si só.

En todo caso, dende a CIG xa estudamos o posible impacto sobre o emprego desta operación, que non é unha suma automática xa que inciden moitos factores. E facemos un chamamento á Dirección do Santander para abrir un proceso de negociación que permita o mantemento do emprego a nivel galego.

 

Galiza, 7 de xuño de 2017

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s