Denuncian acoso y persecución a los huelguistas del 112 Galicia, en paro indefinido, por parte del personal de la Xunta

Denuncian acoso e persecución a folguistas por parte de persoal da Xunta.

El personal del 112 exige responsabilidades políticas por el deterioro del servicio.

O persoal do 112 exixe responsabilidades políticas polo deterioro do servizo – 

 

La gestión de las emergencias se ralentizó a partir del traslado a A Estrada.

A xestión das emerxencias ralentizouse a partir do traslado á Estrada –

 

 

A Asemblea de Traballadores e Traballadoras do 112, en folga indefinida desde o pasado 15 de abril, exixe a asunción de responsabilidades políticas por parte dos dirixentes do Governo autonómico que xestionaron o traslado do 112 á Estrada, tendo en conta que desde que a central de emerxencias foi deslocalizada os tempos de resposta ante as emerxencias disparáronse, ralentizando a xestión dun servizo público esencial para a cidadanía no que a rapidez na mobilización de recursos resulta decisiva. “A neglixente administración dos máis de 8 millóns soterrados na Estrada, en lugar de optimizar o funcionamento do 112, acabou por deteriorar a súa eficiencia”, denuncian.

 

O Comité de Empresa xa advertira sobre a precipitación nas datas do traslado por causa da inestabilidade da plataforma tecnolóxica, prognóstico que se revelou acertado nun primeiro mes en que a aplicación informática impediu sistematicamente unha resposta áxil e eficiente para a resolución das emerxencias.

 

Sinala que a día de hoxe, o programa continúa a ralentizar a xestión, obriga o persoal a manterse á espera mentres procesa os datos de maneira reiterada en cada unha das chamadas, en interminables tempos que forzan unha e outra vez a solicitar “un momento, por favor” ás persoas alertantes, que se atopan en moitas ocasións en situacións límite.

 

Programa informático

O comité asegura que o deseño do programa obriga o persoal a efectuar máis do dobre do número de clics para xestionar cada unha das emerxencias con respecto á anterior plataforma tecnolóxica. Non ofrece toda a información necesaria visible en pantalla como o facía a súa predecesora, nin recomenda os recursos precisos para cada unha das emerxencias, ralentizando aínda máis a xestión, dado que os recursos deben ser localizados manualmente nas bases de datos.

 

Denuncian que se colocaron 77 postos para xestión que nunca van ser ocupados e incorporaron un terceiro monitor en cada un dos postos, pero o que realmente importa, a rapidez e eficiencia na xestión, viuse mermada porque a aplicación foi deseñada priorizando criterios alleos aos que require a sala de operacións. Ademais de aínda non estar, nin de lonxe, preparada para servir como é preciso a un servizo de emerxencias. O propio persoal de Atos, a empresa que desenvolveu a aplicación Gemma, acabou por recoñecer a traballadores do 112 que era a primeira vez que lles encargaban un programa sen ter en conta ás persoas que o ían utilizar.

 

Tempos de xestión multiplicados

Estiman que os tempos de xestión, aqueles que transcorren entre a recepción da chamada e a mobilización dos recursos, se multiplicaron. Porén, lamentan non poder ofrecer datos concretos porque “a empresa negou reiteradamente ao Comité de Folga o acceso ás estatísticas coas que poderíamos corroborar o que vivimos no día a día do noso traballo, cando sentimos con impotencia non poder desenvolver os nosas funcións coa axilidade que demostrabamos nun servizo cun índice de satisfacción cidadá superior ao 95%”. De feito, os informes estatísticos que recibía cada traballador/a, indicando as medias dos seus tempos de resposta e xestión, non están a ser entregados ao persoal desde o traslado á Estrada.

 

Acoso e persecución 

Denuncian que “o acoso e a persecución dos e das folguistas por parte de mandos da Xunta en nada favorece tampouco á excelencia que o servizo require”. Neste sentido, sinalan que onte mesmo, vetaron a entrada ás instalacións ao Comité de Folga -incumprindo a lexislación- coincidindo cun acto en que estaba presente o director xeral de emerxencias, Luís Menor, o principal responsable de que os traballadores e traballadoras se visen obrigados a optar pola folga ao non asumir os compromisos adquiridos antes da renovación da maioría absoluta por parte do PP na Xunta.

 

A este respecto lembran que o organismo de defensa dos dereitos civís Esculca emitiu o pasado sábado un relatorio que dá conta da actitude da Xunta perante o conflito, empeñada en botar leña ao lume en lugar de ofrecer solucións para unha situación que non beneficia ninguén: http://www.esculca.gal/web/node/6080#.WSRXTBOGMvo

 

Intervención da Xunta de Galiza

Ante esta situación reclaman enerxicamente que a Xunta adopte as medidas necesarias para identificar e sancionar os dirixentes responsables pola planificación e execución dun gasto neglixente que acabou por deteriorar o servizo. “Continuaremos a folga o tempo que sexa necesario en loita polos nosos dereitos laborais e, consecuentemente, na defensa dun servizo de emerxencias de calidade, ao servizo das persoas”.

 

Confederación Intersindical Galega

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s