El personal del 112 Galicia pone en marcha una campaña de ‘crowdfunding’ para ayudar a financiar la huelga. Llevan 45 días de huelga indefinida

-Levan, a esta altura, 45 días en folga indefinida-

O persoal do 112 pon en marcha unha campaña de “crowdfunding” para axudar a financiar a folga –

Compostela, 31 de maio de 2017.- A Asemblea de Traballadores e Traballadoras do 112, en folga desde o pasado 15 de abril, vén de facer pública unha campaña de financiamento colectivo, crowdfunding, coa que pretende recadar fondos para garantir a continuidade da súa loita, nunha xornada en que cumpren 45 días de paro indefinido. É a primeira vez que se lanza unha inciativa destas característica, no Estado español, para manter un paro prolongado como este.

A folga supuxo para o colectivo laboral perdas salariais que a día de hoxe superan xa os dez mil euros. Desde o inicio, as traballadoras e traballadores estableceron unha cota para distribuir equitativamente os custos entre a totalidade do persoal folguista.

Co obxectivo de impedir que a asfixia económica poida dificultar o avance das súas reivindicacións, abren agora unha nova vía de financiamento para que os sectores sociais sensibilizados coa súa problemática laboral e coa necesidade dun servizo de emerxencias de calidade poidan aportar o seu grao de area para colaborar co éxito da folga.

Quen queira apoiar economicamente a loita dos traballadores e traballadoras do 112 pode facelo a través do link htttp://www.goteo.cc/112

 

Gabinete de comunicación

Confederación Intersindical Galega

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s