Equo desvincúlase de En Marea – POLÍTICA – Sermos Galiza – Diario de intereses galegos

Decidírono nunha asemblea asemblea extraordinaria o 18 de febreiro, mais a noticia non trascendeu até a comunicar esta segunda feira através da súa web. Equo deixa En Marea por non partillar «nin as formas nin os xeitos cos que foi tomando corpo a nova fórmula de partido instrumental». Equo si mantería a súa participación nas mareas municipalistas.

Desagrégase un dos componentes da autoproclamada unidade popular e faino por disconformidade con como está a evoluír o proceso de conformación de En Marea como partido instrumental. A xuízo da formación ecoloxista, a confluencia está a repetir «os principais defectos e taras» que xa tería amostrado na súa etapa como coligazón eleitoral «de tres partidos», en alusión a Anova, Podemos e Esquerda Unida.

Equo -partido que no Estado ten tres parlamentares integrados no grupo de Unidos Podemos- desvínculase de En Marea e aposta en «fortalecernos na nosa andaina propia no ecoloxismo político e no ecofeminismo, facendo un chamamento á cidadanía galega a sumarse activamente ao noso proxecto de país».

Críticas a forma en que se está a concretizar a configuración de En Marea como partido, mais gabanzas aos traballos das mareas municipalistas. Así se resumiría a posición de Equo: «Desexamos amosar o noso apoio e o noso orgullo polo bo traballa que están a facer as nosas xentes nas mareas municipalistas nos distintos concellos do país».

A formación ecoloxista entende que En Marea non é o vehículo neste momento para aprobar materias pendentes «no escenario político actual como a posta en valor da radicalidade democrática, a horizontalidade, a participación en pé de igualdade e a transparencia». «Principios que están nos xenes das xentes de Equo Galicia e aos que non queremos nin podemos renunciar», alega.

Equo ten unha política de alianzas variábel. No Estado mantén vínculos con Unidos Podemos. Na Galiza até agora con En Marea. E o pasado mes de maio constituíu con Espazo Ecosocialista -a organización que ten Xan Hermida como referente- o que deron en chamar unha Cooperativa Galega do Ecoloxismo Político.

 

Origen: Equo desvincúlase de En Marea – POLÍTICA – Sermos Galiza – Diario de intereses galegos

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s