La empresa Inca retira la demanda contra los 9 miembros de “Lugo de cara ao Miño” horas antes de la celebración del juicio

-COMUNICADO DE LUGO DE CARA AO MIÑO-

 A EMPRESA INCA RETIRA A DEMANDA CONTRA OS 9 MEMBROS DE“LUGO DE CARA AO MIÑO” HORAS ANTES DA CELEBRACIÓN DO XUIZO-

Lugo, a 10 de marzo de 2017.- A empresa INCA retractase e  retira a demanda contra as 9 persoas da plataforma Lugo de Cara ao Miño que acudían hoxe aos tribunais para ser xulgados por presunta coacción contra o administrador único da mercantil, Miguel García Gesto. O propio xuíz do Xulgado de Instrución nº1 de Lugo trasladou formalmente esta comunicación aos afectados/asna sala do tribunal pouco despois de terse celebrada unha concentración veciñal diante dos xulgados en solidariedade coas persoas denunciadas e na defensa do río e das liberdades de expresión, manifestación e denuncia.

Lugo de Cara ao Miño interpreta esta retiradade última hora da demandacomo o recoñecemento explícito por parte de INCA e de Miguel García Gestodeque, tantoas persoas denunciadas como a plataforma Lugo de Cara ao Miño no seu conxunto, actuamos en todo momento de forma pacífica e sen ningunha intención de coacciónna concentración do pasado 30 de agosto a pé de río, realizada pola plataforma coa única intención de poñer de relevo a existencia dunha especie en perigo de extinción, o nenúfar de río, no lugar no que se ían efectuar as obras dunha nova ataguía por parte da mercantil e do Concello de Lugo. Pensamos que  esta e as anteriores demandas de García Gesto contra os membros desta plataforma só responden a un intento de prexudicar a imaxe pública do colectivo e de amedrentar a mobilización social na defensa do río Miño e a todas aquelas persoas críticas co proxecto hidroeléctrico da Fábrica da Luz do que é adxudicatario. Lembramos que ademais desta última demanda, García Gesto xa cursou outras dúas querelas contra esta plataforma e contra ADEGA nos xulgados de Lugo: unha delas foi arquivada e a outra está vista para sentenzatras o xuízo do 3 de febreirocontratres membros da plataforma,tamén denunciados por presunta coacción.

Sentimos que o Sr. García Gestorecorra a este tipo de manobras de distracción cando debería poñer máis empeño en cumprir coa lexislación vixente en materia medioambiental e de augas á hora de executar as súas obras. Hai que lembrar que a empresa INCA comezou as obras do frustrado dique no río Miño en novembro de 2015 sen a preceptiva autorización da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, fóra da época de estiaxe e contrariando o establecido no proxecto e na Declaración de Impacto ambiental, motivos polos que o Ministerio de Medio Ambiente ordeu ao Concello de Lugo derrubar aataguíae pagar unha multa e indemnización que xa suma os 215.000 euros, e que, por conseguinte, teremos que pagar os veciños e veciñas de Lugo. E mentres que nós non cometemos ningunha irregularidade, paradoxalmente, as persoas que defendemos a legalidade, o medio natural e os bens colectivos, somos as que estamos postas en tea de xuízo e obrigadas a sentarnos no banquiño dos acusados para dar explicacións sobre acusacións falsas por parte, precisamente, daqueles que descaradamentefaltan á lei. Consideramos que este tipo de situacións non son propias dun estado democrático e de dereito, como tampouco cremos xusto que se utilicen os escasos recursos da xustiza para arremeter de forma reiterada e sen fundamento contra colectivos sociais e veciños de Lugo.

A MINICENTRAL DA FÁBRICA DA LUZ, SENTENCIADA DE MORTE

Lugo de Cara ao Miñotamén atribúe estes ataques da empresa INCA contra a plataforma a un intento de desviar a atención sobre o que está acontecendo no seo administrativo relativo ao proxecto da Fábrica da Luz. Nesta semana coñeciamos que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil abre a vía á extinción da concesión de augas ligada ao proxecto da minicentral e á denegación da prórroga solicitada polo Concello de Lugo para facer as obras. Tal e como esta plataforma advertiu, o Organismo de Bacía confirma que o pasado 12 de novembro venceu o prazo establecido na concesión para a execución das obras relativas á minicentral da Fábrica da Luz, causa pola que se debe declarar caduca a concesión. Así mesmo, argumenta que o Concello de Lugo non cumpriu cos requirimentos formais para a solicitude de prórroga polo que esta se debe denegar. Aínda que falta un ditame firme por parte da Confederación, tampouco a lexislación vixente permite ao organismo de bacía resolver sobre unha solicitude de prórroga unha vez vencido o prazo sobre o que se pretende a ampliación. Polo tanto, a Confederación non terá máis remedio que iniciar un expediente de caducidade da concesión de augas da Fábrica da Luz.

Mentres tanto, o proxecto segue paralizado e á agarda do pronunciamento da Xunta de Galicia sobre a proposta ambiental e de medidas correctoras presentada polo Concello de Lugo e pola empresa INCA para minimizar o impacto das pretendidas obras sobre a presenza de nenúfares en perigo de extinción e de diversas especies de mexillóns ameazados na zona de actuación. Precisamente, a presenza daquelas especies protexidas sobre a que alertou a plataforma “Lugo de Cara ao Miño” na concentración a pé de río celebrada o pasado 30 de agosto e pola que INCA denunciou a varios activistas.

No obstante, a presenza na zona destas especies protexidas sen avaliar compromete de forma taxante a realización das obras e, por tanto, o proxecto, xa que o impacto que alí se prevé é totalmente inasumible desde o punto de vista ambiental. Ademais, consideramos que o requirimento de novos informes ambientais ao titular da concesión por parte da Xunta de Galicia é tan só un paripé paraintentar emendar os defectos da Declaración de Impacto ambiental (DIA) que foi incomprensiblemente avalada polos informes favorables da antiga Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Pese a que tanto ADEGA como esta plataforma advertimos reiteradamente ás distintas administracións de que a DIA era incompleta e falta de rigor, tal e como despois viñeron a confirmar os feitos, todas desatenderon a nosa reclama de revisión da avaliación de impacto ambiental e deron continuidade ao proxecto ata que non tiveron máis remedio que paralizar as obras.

Por tanto, desde a plataforma estamos convencidos de que o proxecto hidroeléctrico da Fábrica da Luz non vai ter máis percorrido e que xa está sentenciado de morte. En calquera caso, Lugo de Cara ao Miño seguirá vixilante na defensa do río Miño e dos seus valores naturais.

 

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s