A CIG arremete contra o goberno local por deixar pechar as salas culturais do Edificio Arquivo | Xornal de Betanzos

edificioarchivosbetanzos

A CIG, o sindicato maioritario entre o persoal municipal, ironizou onte con que ao goberno municipal betanceiro lle dese “por chorar” na prensa “contra unha lei estatal que salta cando e como lle convén” a causa da xubilación do conserxe do Edificio Arquivo, que se traduciu no peche das salas culturais municipais e a cancelación das mostras programadas para este mes que hoxe comeza.

“Aínda hai menos dun ano ao goberno municipal non lle importou nin o máis mínimo contratar a unha patroa para a Diana Cazadora, un posto que non existe na Relación de Postos de Traballo nin depende de ningunha subvención e que tampouco responde a unha situación expecional posto que hai moitísimos anos que o Concello ofrece o servizo da embarcación, polo que o seu carácter excepcional e extraordinario tampouco estaría xustificado” recordan desde a Intersindical Galega. “Ese Estado, que segundo o concelleiro de Persoal lle impide contratar conserxe, non fixo nada contra o Concello cando contratou unha patroa, ese Estado demostroulle ao Concello nos últimos anos que contratou a once traballadoras e traballadores en fraude de lei e o Concello readmitiu a algúns deles (seguimos descoñecendo o criterio), e o propio goberno municipal ten informes da asesoría xurídica que advirten da situación irregular de varios traballadores do xa inexistente GRUMIR que non foron despedidos á vez que o resto de compañeiros que tiveron que ir ao xulgado e aquí non pasa nada!” relatan.

“A situación irregular é unha constante do persoal laboral neste Concello e o goberno municipal bota a mirada a un lado, polo que chorar polo que a lexislación non deixa facer xa case lle debería resultar un pouco vergoñento” denuncia a primeira forza sindical do COncello, que ironiza con que “o problema de utilizar os argumentos cando che veñen en gana é que se volven na túa contra cando os feitos demostran o contrario”.

Repasa así irregularidades na xestión de persoal como persoal laboral contratado desde hai máis de vinte e cinco anos por obra ou servizo, persoal laboral que encadena contratos durante quince anos sen ter praza na RPT, persoal contratado co obxecto dunha subvención facendo outras funcións distintas, ou mesmo a cobertura das baixas e as vacacións do persoal de limpeza cubertas cunha empresa privada aínda habendo listaxes de substitución. “Ese mesmo goberno que agora chora por unha xubilación prevista desde hai moitísimo tempo e por unhas normas estatais que seica impiden facer cousas que cando lles vén en gana fan” recalcan.

A CIG explica que “a persoa que se xubilou xa leva varios anos con prórroga de xubilación, polo cal o Concello non só prevía esta xubilación senón que a debería de ter solucionada, porque o fondo do problema é a mala xestión de persoal e a falta de resposta e solucións”. “A maiores, e ata onde sabemos, o goberno municipal non falou con ningún dos outros conserxes do Concello para solucionar a cuestión, por tanto, descoñecemos se o que pretende é volver a actuar fraudulentamente cambiando de posto ao persoal, como ten pasado en anteriores ocasións, con sentenzas de indefinición incluídas” engaden.

“Porqué se é tan importante este posto que agora choran tanto a La Voz de Galicia non incluíron os postos de conserxe na listaxe de substitución considerándoos un servizo prioritario?” se preguntan desde a central sindical nacionalista. “Hai dous meses o Concello considerou que os postos de conserxe non eran prioritarios e non tiñan porqué ter nin listaxes de substitución, agora pode rectificar e tentar solucionar algúns problemas” explican, recordando que “xa daquela desde a CIG manifestamos na Mesa Xeral de Negociación que faltaban postos nesa listaxe como é o caso, o persoal da xardinaría, electricistas e persoal do cemiterio municipal”.

“Na man do goberno están moitas solucións, como as que toman cando lles convén e lles vén en gana e na súa man está a posibilidade de actuar máis e chorar menos, porque é verdade que o PP pretende acabar cos servizos públicos coa lexislación que aproba mais tamén certo que hai marxes de manobra e decisión, como ben demostran cando queren, e que é hora de que dunha vez por todas apanden coa pésima política laboral da historia deste Concello e tomen decisións para mellorar a situación” conclúen.

Origen: A CIG arremete contra o goberno local por deixar pechar as salas culturais do Edificio Arquivo | Xornal de Betanzos

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s