As mámoas de Vilanova, estragadas e abandonadas por Miño dentro de Costa Miño Golf

A Miño acontécelle un tanto como Sada: o medre descontrolado do núcleo urbano principal supuxo a destrución de case todo o patrimonio histórico que no lugar había. A un lado e outro da boca da ría betanceira, os erros son os mesmos, na vila e nas zonas onde se proxectou a súa expansión. É o caso das tres mámoas que apareceron no lugar da Fraga, dentro do perímetro da controvertida e gafada macrourbanización da extinta Fadesa, Costa Miño Golf.

Se ben a tradición oral ubicaba ata cinco medorras no entorno, non apareceron os seus vestixios ata que as palas as removeron no momento de construír o campo de golf da macrourbanización. Corría xullo de 2005, non estourara aínda a burbulla inmobiliaria e os técnicos de Patrimonio da Xunta catalogáronas. A Consellería de Cultura ordenou conservar dous destes túmulos milenarios malia que ían quedar dentro do recinto do campo de golf e obrigou a que se sinalizase e informase da súa presenza para que poidesen ser visitadas. A terceira mámoa foi sentenciada a desaparecer polos organismos técnicos da Consellería, mais Fadesa anunciou que modificaba o seu proxecto para desprazar unha construción e que resultase afectada, aínda que non se volveu a saber máis dela. Das outras dúas mámoas que a tradición oral ubicaba no entorno nunca nada se soubo.

O web institucional do Concello nin sequera se refire a estes túmulos megalíticos no repaso ao patrimonio e lugares a visitar do municipio. Os enterramentos tampouco aparecen no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia. Apenas un panel semidestruído informa de que alí os devanceiros dos miñenses decidiron dar cos seus ósos na terra para a eternidade.

Non foi a única agresión que esta macrourbanización cometeu contra o patrimonio. O Camiño Inglés a Compostela, que cruza desde a igrexa de Vilanova este escenario de película de serie B, viu modificado o seu percorrido tradicional e catalogado para permitir que se construíse o campo de golf.

Xornal de Betanzos

Unha vista de Costa Miño Golf Unha vista de Costa Miño Golf

A Miño acontécelle un tanto como Sada: o medre descontrolado do núcleo urbano principal supuxo a destrución de case todo o patrimonio histórico que no lugar había. A un lado e outro da boca da ría betanceira, os erros son os mesmos, na vila e nas zonas onde se proxectou a súa expansión. É o caso das tres mámoas que apareceron no lugar da Fraga, dentro do perímetro da controvertida e gafada macrourbanización da extinta Fadesa, Costa Miño Golf.

Se ben a tradición oral ubicaba ata cinco medorras no entorno, non apareceron os seus vestixios ata que as palas as removeron no momento de construír o campo de golf da macrourbanización. Corría xullo de 2005, non estourara aínda a burbulla inmobiliaria e os técnicos de Patrimonio da Xunta catalogáronas. A Consellería de Cultura ordenou conservar dous destes túmulos milenarios malia que ían quedar dentro do recinto…

Ver la entrada original 174 palabras más

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s