“Lugo de cara ao Miño” denuncia ante el Seprona a la empresa Inca de la fábrica de luz

“LUGO DE CARA AO MIÑO” DENUNCIA NO SEPRONA O ARRASTRE RÍO ABAIXO DAS BARREIRAS ANTICONTAMINACIÓN SITUADAS A CARÓN DA FÁBRICA DA LUZ

barreira rota 1 barreira rota 3

Lugo, a 07 xaneiro de 2016.- “Lugo, de cara ao Miño” vén de denunciar na Garda Civil e no Seprona a rachadura e arrastre río abaixo das barreiras anticontaminación que a empresa Inca, concesionaria da explotación da fábrica da luz, colocou no Caneiro da Praia do río Miño, a carón da fábrica, para evitar o paso de refugallos río abaixo por mor das obras do dique que se construíu no interior do leito fluvial destinado, segundo a empresa, a rehabilitar o Caneiro da Luz e dragar a canle de derivación da auga cara a instalación eléctrica.
O arrastre das barreiras anticontaminación río abaixo por causa das recentes chuvias é unha proba visible de que a época na que se comezaron a executar as obras de rehabilitación da fábrica da luz no río Miño non foi a máis adecuada nin tampouco a establecida pola Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto. As obras comezaron a mediados de novembro e, tras unha breve paralización instada pola Confederación de forma urxente por detectar irregularidades na súa execución, foron retomadas a mediados de decembro por autorización deste mesmo organismo de bacía co obxecto de reforzar o dique ante a previsión de fortes chuvias. Así pois, tal e como recoñece tamén este Organismo, o dique construíse en plena época de chuvias e de potencial crecida do río Miño e, por tanto, fóra da época de estiaxe ou de caudais mínimos, en contra do que se requería.
Cabe suliñar que, por este feito, segundo lle consta a esta plataforma, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil ten aberto un expediente sancionador contra a empresa Inca e o concello de Lugo, ao que lle hai que sumar outro expediente infractor por realizar as obras fóra do lugar establecido pola DIA aprobada.
Desde a plataforma “Lugo, de cara ao Miño” xa se alertou de que o impacto ambiental destas obras non foi debidamente analizado, pois estase a intervir nun espazo declarado como Zona de Especial Conservación, Lugar de Interese Comunitario Parga-Ladra-Támoga, Rede Natura 2000 e zona núcleo da Reserva da Biosfera Terras do Miño, onde existen hábitats e especies protexidas que non foron tidas en consideración na Declaración de Impacto Ambiental aprobada o 20 de xullo de 2012 pola Secretario de Estado de Medio Ambiente. Se a isto engadimos que as obras do dique incumpriron o estipulado por dita autorización ambiental en canto á súa localización e a época de execución, non é descabelado pensar que estas obras xa puideron ter afectado de forma importante os valores naturais do río e da zona protexida, sen ter en conta os riscos que a súa existencia poden comportar de aquí en diante se se intensifican as chuvias e o río segue a medrar.
Por tanto, “Lugo de cara ao Miño” solicita como medida urxente que se retiren as barreiras anticontaminación desprendidas río abaixo do leito fluvial para evitar que provoquen danos ao seu paso. Así mesmo, insta de novo aos organismos competentes na execución do proxecto e na protección ambiental do espazo (Confederación Hidrográfica Miño-Sil, á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta e ao concello de Lugo) a que avalíen concienzudamente o previsible impacto que estas obras tivesen xa exercido nas especies e hábitats protexidos da zona afectada e que poidan exercer no futuro, alén de tomar as medidas oportunas co fin de evitar outros riscos derivados da existencia dese dique no leito fluvial nesta época de fortes chuvias.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s