CIG-Saúde convoca el miércoles 10 de junio concentraciones en las áreas sanitarias contra la reducción de camas en verano

cigsaude

SANIDAD GALICIA

PROTESTAS

CIG-Saúde convoca concentracións nas distintas áreas sanitarias contra o peche de camas e o desmantelamento da sanidade pública

  • Denuncia as consecuencias para a calidade asistencial e para o emprego na sanidade pública mentres se favorece o negocio da privada
A CIG-Saúde convoca para mañá mércores, día 10 de xuño, entre as 11:00 e as 12:00 horas concentracións nas distintas áreas sanitarias de Galiza para denunciar o peche de máis de 1.200 camas durante o verán, o peche de quirófanos e a paralización da actividade, mentres se mantén ou incrementa na sanidade privada. Xunto a isto, alerta da destrución de emprego público e da precarización das condicións laborais no sector que isto provocará.

A CIG-Saúde acusa á conselleira de Sanidade de “irresponsábel” por pretender culpabilizar ás traballadoras e traballadores do SERGAS ao afirmar que o peche de camas se debe ás vacacións do persoal.

Lonxe disto, a CIG-Saúde afirma que “o peche de camas non está motivado polos 30 días de vacacións do persoal” e asegura que “é unha decisión do PP para incrementar o desmantelamento da sanidade pública”.

De feito, explica que mentres miles de aspirantes agardan meses ata que se actualizan as listas de contratación, o SERGAS pecha centos de camas no verán, mobilizando persoal fixo a outros servizos para substituír as ausencias por vacacións. “Con isto colápsanse as urxencias e aumentan as listas de espera mentres miles de profesionais están no paro”.

O SERGAS deriva á sanidade privada

Para a CIG-Saúde é especialmente preocupante o que suporá no eido asistencial o peche de camas. “Implicará que a Lei de Garantías non se poida cumprir na Sanidade Pública, xa que esta lei recolle que a espera para unha intervención cirúrxica sexa de, como máximo, 60 días e co peche de camas será imposíbel garantir a atención ás e os doentes nese prazo”.

A CIG-Saúde alerta de que a consellaría de Sanidade o que pretende realmente co peche de camas é provocar a derivación de doentes á sanidade privada. Lembra que xa no seu momento denunciou que na Lei de Garantías se recolle que de non cumprirse os prazos previstos na sanidade pública a atención sanitaria será realizada na sanidade privada.

Tal é así que mentres pechan camas nos hospitais públicos mantense e mesmo se incrementa, durante ese período, a actividade na privada, desde a actividade cirúrxica até a realización de probas diagnósticas.

Estes son, para a CIG-Saúde, os verdadeiros motivos do peche de camas e da paralización da actividade nos hospitais públicos. De feito, as consecuencias para o emprego serán como quedan reflectidas neste gráfico:

DESTRUCIÓN DE EMPREGO PÚBLICO. INCREMENTAN A PREDARIEDADE LABORAL
Categoría profesional Persoas inscritas nas listas de contratacións % de contrataciónPersoas traballando
Enfermeiras/os 7.021 persoas 23.27%
Celadoras/es 5.323. persoas 11.72 %
PSX 3.335 persoas 3.80 %

Con este motivo convócanse concentracións mañá mércores, día 10 de xuño en:

Horarios e lugares das concentracións:

OURENSE: 11h Entrada principal CHUOU

O BARCO: 11.30h Entrada principal HCV

LUGO: 11.30h Entrada principal HULA

BURELA: 11.30h Entrada principal Hospital da Costa

MONFORTE: 11h Entrada principal Hospital Comarcal

VIGO: 11h Diante de Urxencias do Hospital Xeral

PONTEVEDRA: 11.30h Entrada principal H. Montecelo

SANTIAGO: 12h Entrada principal H. Clínico

A CORUÑA: 11h Diante do Hotel de Doentes

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s