Salvemos Cabana pide a la Diputación de A Coruña la adopción de medidas urgentes para proteger el complejo arqueológico del Dolmen de Dombate

PROTECCIÓN

DEL DOLMEN DE DOMBATE

Salvemos Cabana pide á Deputación da Coruña a adopción de medidas urxentes para protexer o complexo arqueolóxico do Dolmen de Dombate

domingo, 17 mayo 2015, 15:07, por Plataforma Salvemos Cabana

A ASOCIACIÓN SOLICITA A SUSPENSIÓN INMEDIATA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO CO CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS TRAS OS DANOS APARECIDOS NA CUSTOSA RÉPLICA DO MEGALITO DEBIDO AO DESCONTROL SOBRE OS GRUPOS QUE ACODEN AO COMPLEXO E O ESTABLECEMENTO DUNHA RESTRICIÓN NO MÁXIMO DIARIO DE VISITANTES A PROL DA PROTECCIÓN DAS PINTURAS ORIXINAIS DE ÉPOCA NEOLÍTICA QUE SE CONSERVAN NO INTERIOR DO MONUMENTO.

Salvemos Cabana, colectivo entre cuxos fins fundacionais está a defensa do patrimonio sociocultural ademáis do ambiental, xa advertira o pasado verán do risco que supón converter este enclave arqueolóxico un un mero salón de actos para a realización de actividades con presenza masiva de público, xa que non se trata dun parque temático ou un auditorio senón do mellor expoñente do período megalítico en terras galegas.

Dende que José Muiño, alcalde de Cabana, asinou o convenio coa Deputación da Coruña, o parque arqueolóxico de Dombate converteuse nunha sorte de recinto multiusos sen control sobre o número de visitas, o que ten finalmente derivado nos danos da réplica do dolmen agora denunciados e que pode afectar seriamente á integridade das pinturas, consideradas unha xoia da arte neolítica no noroeste da Península Ibérica. Sería impensable unha situación semellante noutros países europeos, onde este tipo de xacementos que albergan pinturas prehistóricas gozan da máxima protección e limítase a asistencia de público.

UN PATRIMONIO GALEGO UNIVERSAL

O Dolmen de Dombate foi dado a coñecer polo historiador Manuel Murguía e o propio Eduardo Pondal inmortalizouno en 1885 no seu poema “Queixumes dos pinos“. Sen embargo, os primeiros estudos detallados do monumento foron realizados durante o século XX por Parga Pondal e Pérez Bustamante, entre outros autores.

Xa en época moderna (entre 1987 e 1989) leváronse a cabo escavacións arqueolóxicas sistemáticas que puxeron de manifesto a súa estrutura de cámara e corredor, con pinturas e petroglifos nas súas lousas, o que fai que este monumento do IV Milenio a.C sexa actualmente considerado como a “Catedral do Megalitismo“en Galicia.

O monumento é propiedade da Deputación da Coruña, comprado por acordo plenario en 1975 tras a adquisición de terreos cunha superficie total de 715 m² na parroquia cabanesa de Borneiro, e declarado Ben de Interese Cultural (por aquel entón Monumento Histórico-Artístico) o 11 de marzo de 1978, a través do decreto 728/78 publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE).

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s