CONFLICTO EDUCATIVO
PASTORIZA
CCOO-ENSINO Coruña esixe o cese da directora do IES de Pastoriza
CCOO – Ensiño Coruña manifesta a preocupante situación na que se atopa o IES de Pastoriza como consecuencia da xestión da directora do centro.
Ao longo de todo o curso unha parte do claustro atopouse nunha situación de indefensión absoluta, chegando incluso á apertura dun expediente, por mor da
actuación neglixente do Equipo Directivo en aspectos tales como:
• Non informar ao profesorado de reunións directas do Equipo
Directivo coas familias, non seguindo o protocolo establecido,
imposibilitando así aos docentes amosar a súa versión dos feitos.
• Constante indefensión do colectivo docente diante das familias e do
alumnado ao ser descoñecedor dos acordos e decisións tomadas
por parte do Equipo Directivo nas reunións antes citadas.
• A non mediación da dirección do centro ante as ameazas e
denuncias aos docentes, invitando ós pais e nais a dirixirse á
inspección sen tentar obter información de todas as partes
afectadas.
• Non cumprir os acordos alcanzados nos órganos Colexiados
(Claustro de profesores e Consello Escolar) e pedagóxicos.
CCOO-Ensino Coruña denunciou estas e outras irregularidades diante de
Inspección Educativa e a Xefatura Territorial da Consellería de Educación de A
Coruña, sen obter ningún tipo de resposta encamiñada a solucionar a
problemática do centro.
Pola súa parte, un número importante de profesores do IES de Pastoriza
asinaron un escrito dirixido a Inspección Educativa no que poñían de manifesto
o malestar e a indefensión que estaban a sufrir por mor da actuación irregular e
arbitraria do equipo directivo do centro,e principalmente da directora.
Por todo o exposto, CCOO-Ensino Coruña, esixe que ante a situación
insostible que se está vivindo no IES de Pastoriza a Xefatura Territorial de da
Consellería de Educación de A Coruña proceda ao cese inmediato da directora
do centro.